Dabicito escribió: ↑Sábado 18 de Julio de 2026, 20:04
Fíjate que el propio franquismo unificó y desarrolló la ley de expropiación que se mantiene a día de hoy, y con la cual están encantados todos los gobiernos. La utilidad pública y el interés social se puede aplicar a todo.
Eso sin contar con el impuesto de sucesiones, que se quedan con la casa de tus padres a no ser que pagues el rescate (si bien cierto que algunas comunidades lo financian).
Y otras tonterías como no poder pintar la casa de tal color, no poder hacer obra en el interior de un casa de un casco histórico, las ventanas de determinado tamaño, no poder tender la ropa, etc.
Finalmente, lo de los propietarios de los parques naturales, como las fragas del Eume, que tienen una tierra que sus abuelos la conservaron de puta madre, para tener semejante castigo de no poder hacer nada con ella.
Todos os Estados do mundo teñen unha lei de expropiación pública, quizais Somalia ou Sudán do Sur non, é a única ferramenta viable que permite que ti teñas electricidade na casa e unha estrada para ir o curro.
Eu penso que o imposto de sucesións é un bo xeito de redistribuír unha riqueza que tende a camuflarxe e evadirse por calquera fenda, aínda que eu daríalle unha volta para simplificalo, e tentaría harmonizalo entre as diferentes comunidades autónomas.
As leis de patrimonio son as que permiten que Santiago siga existindo e non sexa todo Santa Comba, Burela, Porriño ou Carballiño.
Os avós dos propietarios das fragas son os que inzaron todo de eucaliptos, como é normal, en pleno capitalismo con mercados moi grandes e competitivos as fragas non valen para nada máis, os beneficios que se extraían delas nos tempos dos visavos cara atrás son inviables a día de hoxe, as fragas proporcionaban varas de abeleira para os traballos nos estaleiros da ría de Ferrol, castañas e carbón vexetal, na actualidade ningún destes produtos é explotable nun bosque cun 25% de desnivel, primeiro porque apañar castañas en OU é moito máis doado, e logo porque ninguén usa nin carbón, nin varas de abeleira, para absolutamente nada.
As fragas son tan economicamente nulas para os seus propietarios, como valiosas a nivel ambiental para a comunidade, son un ben social, a sociedade debería compensar os seus propietarios mercándoas a un prezo xusto, deberían ser socializadas polo ben de todos.
riazoj escribió: ↑Sábado 18 de Julio de 2026, 21:16
Eu non sei quen o financiou pero estou seguro que a Revolución Rusa foi financiada por grandes capitais interesados en derrocar o Zarismo. So tes que ver a de mafias que xurdiron post a caída da URSS. Ou o nivel de corrupción que había no partido. O socialismo unha vez alcanza cuotas de poder e unha gran farsa!. Siempre conta con intereses privados detrás para poder desenrolarse e acceder a postos de poder. As ideas revolucionarias están ahí. Non considero que sexan creadas por capitalistas, pero si financiadas cando alcanzan certa presencia social. Mais ainda hoxe en día coas redes sociais e internet. De todo los xeitos, son unha persona con madurez suficiente para saber qué un socialismo tipo Suecia ou China, son un mal menor. A mín non me preocupa que existan os capitalistas o que me preocupa e que as decisións políticas impliquen que un país non teña un Estado garantista e/ou unha situación económica lamentable.
riazoj escribió: ↑Domingo 19 de Julio de 2026, 10:15
Kerenski fue financiado por waltstreet porque los Zares eran antisemitas, por ahí se explica muy bien la razón de por qué los movimientos antizar eran bien vistos por el gran capital.Aparte, Lenin fue financiado por un montón de millonarios Rusos, industriales, escritores, etc etc. Algunos anónimos. Necesitas pasta para todo, incluso para darle la pasta al pueblo. Aunque nunca nadie se la dió. Lo más cercano a dar pasta al pueblo, fue la socialdemocracia nórdica y China. Por eso son mis modelos políticos favoritos. La socialdemocracia(preferiblemente la nórdica) y el modelo mixto Chino.
En que quedamos,? non sabes quen financiou a Revolución Rusa pero sabes que a Kerensky financiouno wallstreet, porque o zarismo era antisemita, nada máis e nada menos, como case todo mundo diría eu, sóache o caso Dreyfus?.
Que os ricos de USA pagaran a revolución rusa non ten ningún sentido, é pura conspiranoia alentada por grupos anticomunistas de USA formada por fachapobres de pescozo vermello cun discurso antielitismo propagado curiosamente por elites, todo moi contraditorio e estupido, a día de hoxe isto tamén existe, pode verse na teima que o facherio máis cavernícola ten con Soros.
O capital americano non tiña nada que gañar financiando a mencheviques e bolxeviques, non é lóxico, a diferencia do que sucede co Estado Alemán e os seus capitalistas, estes si financiaron aos soviéticos porque tiñan algo que gañar, destruír a Rusia Imperial desde dentro e así ter un rival menos na IGM, e acadárono.
Que capitalistas rusos financiaron a Lenín?, porque alguén que ten capital vai financiar a alguén que defende que os medios de produción deben ser socializados?, quen vai tirar pedras contra o seu tellado?, os ricos a diferencia dos pobres teñen moi claro o concepto de solidariedade de clase e non fan o imbecil apoiando a xente que os vai putear se chegan ao poder.
O rematar a IGM ningún capitalista do planeta financiou xamais ningún proxecto da URSS, como é lóxico, quizais financiaron a facción troskista, iso polo menos é o que din os estalinistas.
Coa URSS foi a primeira vez na historia que todo o pobo soviético comeu quente 3 veces ao día, e acadárono logo de chuparse o peor de dúas guerras mundiais, con todos os seus erros coido que teñen o seu mérito.
Chamarlle socialdemocracia a China, un Estado sen banca privada, onte todo o chan, os rios, os mares, o aire... é público, onde gran parte da industria pesada e das grandes empresas é do Estado , ou controlada polos seus traballadores, onde non hai propiedade privada no ámbito da vivenda, a diferencia da URSS por certo, e o mesmo tempo non hai un servizo sanitario público minimamente garantista, e a democracia redúcese a votar aos partidos legais que por suposto non poñen en dúbida a preeminencia do PCCh e do sistema imposto, é bastante ousado creo eu.
Louie Louie escribió: ↑Domingo 19 de Julio de 2026, 2:40
Un apunte, los bolcheciques no derrocaron al gobierno zarista, derocaron al gobierno provisional liberal de Kerenski, que entre otras cosas estaba haciendo:
=Establecer una asamblea constituyente para establecer una democracia universal (voto de hombres y ojo, mujeres, lo que era muy avanzado y radical en su época, mayores de 20 años).
- Establecer la libertad de expresión, libertad de prensa, libertad de asociación y otras libertades individuales.
- Establecer un horario de trabajo de 8 horas.
- Estableció el derecho de huelga.
- Legalizó los sindicatos.
- Amnistió a los presos políticos.
- Abolió la pena de muerte.
- Declaró la separación entre iglesia y estado.
El golpe de estado lo dan a este gobierno, no al zarismo. Con lo que da término la revolución de octubre es con una incipiente democracia no con el sistema monárquico/feudal anterior.
Pero Kerensky non fixo case nada de iso que prometeu, por iso foi arrasado polos bolxeviques co apoio de gran parte do pobo ruso.
Kerensky era un tipo brillante, polo menos a min parécemo, pero carente de escrúpulos e con moitas gañas de ser un novo Zar, o señor Putin lémbrame a el.
Foi un lider do Soviet de Petrogrado, pero en ningún momento se pregou a vontade da organización como era a súa obriga, facía e desfacía como lle daba a gaña, traicionou aos seus e as súas normas internas formando parte dun governo enxendro con liberais cando o tiña expresamente prohibido, tamén traicionou aos liberais conspirando con Kornílov, un cosaco, un animaliño con roupa propio do século XVI, que chegou a ser a máxima autoridade militar de Rusia e que pretendía volver ao feudalismo, primeiro impoñendo unha volta a ortodoxia militar na fronte, restauración da pena de morte, xuízos sumarísimos a aqueles considerados culpables de axitación na fronte, censura dos diarios distribuídos entre as tropas, disolución das unidades revolucionarias... e por suposto persecución e morte para os bolxos, e Kerensky aceptou , o problema é que se deu conta que el mesmo corría perigo, era demasiado progre para o cosaco, por pura supervivencia denunciou as súas intencións e isto precipitou o golpe de Estado de Kornílov en setembro do 17, que fracasou en gran medida porque Kerensky asustado pola forza do facherio armou aos soviets, formado en gran parte por bolxeviques, ata os dentes, estes cando frearon os militares e nostalxicos do zarismo continuaron un mes máis as súas actividades, dando lugar ao glorioso Outubro Vermello.
Sen a IGM e as penurias que provocaba entre a poboación rusa, sen Kornilov e a súa caterva de salvaxes, sen o trepismo de Kerensky... Lenin e os seus xamais terían éxito , por moita pasta que puxesen os alemáns.