Cagón, funcionario, covarde, no tiene ni idea, etc. Para min botar a Imanol foi un erro no seu momento porque o equipo víase que en calquera intre podía comezar sacar resultados. Se cadra, claro. Pero este home está sacando mellores resultados e non é casualidade nin sorte nin non sei que historias:
Son (datos de transfermarkt) 19 puntos de 36 dende que está (xornada 14) máis a derrota na Copa. Sería, a falta de saber o que fai o Levante contra o Rácing de Ferrol, o sétimo clasificado, con 5 vitorias, 4 empates e 3 derrotas e con 17 goles a favor e 14 en contra, o que dá unha diferenza de +3. Paréceme bastante aceptable cun equipo que acaba de ascender e despois de collelo nun momento con xa certa presión por saír de abaixo. Con Imanol foron 13 puntos de 39, décimo oitavo clasificado, con 3 vitorias, 4 empates e 6 derrotas e con 16 goles a favor e 16 en contra, o que dá unha diferenza de 0. Sorte? Algo faría para melloralos.https://www.lavozdegalicia.es/noticia/torremarathon/2025/01/20/depor-gilsanz-pelearia-subir-primera/00031737409703706878546.htm escribió:Dobla los números de Idiakez, con dos partidos menos dirigidos, y solo tendría por delante a cinco equipos con más puntos en ese tramo con el betanceiro en el banquillo coruñés.
[...]
Once jornadas después, el Dépor de Gilsanz ya suma 18 puntos. Casi el doble, a pesar de que le aplazaron el partido de Tenerife[...]
Ui que saca 5 defensas!! Mira, que fai un cambio defensivo!! Coma tódolos equipos cando o contrario te está comezando superar ou cando queres asegurar un resultado. Andar con estas comedias, algúns dende o primeiro día, porque en 2 meses non temos non sei cantos canteiráns xogando e si os ten o Celta e non sei que contos de que o noso fútbol aburre, cheira. Eu (e seguro que outros moitos) non quero ser un Celta do feirón. Isto é o Deportivo e o que fagan por aí adiante importa un carallo, por moito que diga Twitter. Paciencia, que as cousas levan o seu tempo. E non teño ningunha dúbida de que os rapaces que están comezando entrar van te-las súas oportunidades.