@rusalko, non se trata de que se xogue a identidade ou algo polo estilo. Home, é innegable que un grupo galego cantando en galego cunha canción que podería partir entre as favoritas para o festival pois implicaría unha promoción como nunca tivo a música galega. E o lóxico é que a iso o seguira unha maior adhesión e innovación. Cantos músicos galegos non cantan en galego porque vende máis cantar noutro idioma? Eu ata diría que a maioría. Xa non me meto en temas de orgullo e tal e o que implicaría (imaxinemos as festas das vilas sen ser todas iguais ós topes de pachangada

). Pero o importante neste tema xa non é nada diso, senón que se lle fixo votar á xente nunha votación manipulada. Houbo 200.000 votos só para a final. Sumando as semifinais igual anda por máis de 300.000 votos a euro e pico. Máis de medio millón de euros. E aí xa non só falamos de tongo, senón de roubo. Ben, en realidade, como o festival se organiza con cartos públicos, xa se pode falar de roubo directamente. Pero, bueno, o carallo é demostrar que os do xurado non sabían nada dos votos da xente e que non votaron con intereses polo medio. Que, por certo, iso é o que tiña que expoñer o BNG e non que foi unha marxinación do galego. Porque iso élles moi doado de contrarrestar e, por enriba, quedas de paspán. E hoxe a Rego deixárono de chorón na tele, e iso que non caeu na trampa de dar nomes que lle tentaron tender.
TESS escribió: ↑Lunes 31 de Enero de 2022, 19:28
jorecho escribió: ↑Lunes 31 de Enero de 2022, 18:31
, y cobrar los derechos de autor de una cancion
Uy creo que cuando salga el juicio por plagio,van a cobrar entre poco o nada.Lo recaudado más bien les hara falta para pagar la multa
Es una canción serbia de 2017 de la cantante Dara,mira si tal el video de youtube
https://www.youtube.com/watch?v=i4YPxP_iwko&t=10s
Isto vino onte e flipei un pouco. Aínda que, a verdade, a min só se me parece o retrouso.
P.D: Por certo, agora todo o mundo quere colaboracións con elas. Ata van facer unha con C. Tangana.
Edito: Resúmeo ben David Amor
https://www.youtube.com/watch?v=_iciLaQN5wg