riazoj escribió: ↑Martes 08 de Septiembre de 2026, 23:12
Vamos a ver, ¿estamos de coña? Karl Popper de izquierdas??
Karl Popper es como Aznar. Liberal, amante de la democracia y de la separación de poderes con un libre mercado que regule los precios. Es un Socialdemócrata de centro derecha. Tipo Suárez de UCD.
No es un opinión es un hecho que se deduce de leerlo.
Non te pases, Karl Popper foi un tipo moi de dereitas, pero respectable, ademais era un tipo culto e moi listo, a diferencia de Aznar, que so foi un criminal de guerra e un ladrón.
En España non hai moita tradición verdadeiramente liberal, na miña opinión o personaxe español máis semellante a Popper é o coruñés Salvador de Madariaga, un tipo cunha bio impresionante e que é totalmente descoñecido, non o reivindica nin cristo, demasiado facha para as esquerdas, demasiado progre para as dereitas. O tipo ademais traballou man a man co propio Popper.
Socialdemocrata non é unha etiqueta axeitada para Popper, eu falaría como moitisimo de socioliberal, pero creo que lle acae mellor o carteliño de liberal clásico, ou mesmo protoneoliberal, dependendo da etapa e de que materia falemos, sempre hai que encasillalo dentro das coordenadas liberais, que é unha ideoloxía netamente de dereitas, algo moi evidente, salvo para os propios liberais europeos, sobre todo os 4 que hai en España, coitados, teñen tanto complexo.
A socialdemocracia defende promover maior equidade económica e igualdade social, sen poñer en cuestión o capitalismo, isto implica poñer en marcha un Estado de benestar mediante unha fiscalidade que garanta a redistribución da riqueza, e certa regulación e planificación da economía. Karl Popper estaba en contra de todo iso, el defendía que o benestar da cidadanía sería proporcionada pola liberdade mercado, sería a man invisible a que protexería a cidadanía, non o Estado, polo tanto a etiqueta de socialdemócrata é totalmente desacertada para situar ideoloxicamente a Popper.
Traba escribió: ↑Martes 08 de Septiembre de 2026, 23:44
NoGarD escribió: ↑Martes 08 de Septiembre de 2026, 23:01
Gemini e Claude non opinan o mesmo (que manda carallo que haxa que buscar ter a razón en base ao que di unha IA eh

)
Buscar tener razón? No me defraudes, hombre, si ni siquiera he debatido... pero creo que ha quedado claro cuánto de risible tiene lo del "canon universal".
riazoj escribió: ↑Martes 08 de Septiembre de 2026, 23:12
Vamos a ver, ¿estamos de coña? Karl Popper de izquierdas??
Karl Popper es como Aznar. Liberal, amante de la democracia y de la separación de poderes con un libre mercado que regule los precios. Es un Socialdemócrata de centro derecha. Tipo Suárez de UCD.
No es un opinión es un hecho que se deduce de leerlo.
Precisamente porque lo he leído me revuelvo si alguien escribe que era
muy de derechas. Tú lo dices, socialdemócrata.
Entiendo que en este foro haya 3 o 4 elementos que puedan defender, y me creo que estén convencidos, que la socialdemocracia es "muy de derechas". Ya que el resto tengamos que comulgar con ruedas de molino, perdona pero no.
Por cierto que yo sepa Suárez fue falangista hasta 1976/77, no lo veo socialdemocratizandose en 2 años. O lo disimuló muy bien.
Non sei o que é máis risible, se apoiarse nun baremo da IA para catalogar a Popper sen aportar a menor razón, ou catalogalo sen aportar a menor razón como socialdemocrata, mi madriña que nivel.
Dabicito escribió: ↑Miércoles 09 de Septiembre de 2026, 7:24
corsomoro escribió: ↑Martes 08 de Septiembre de 2026, 23:09
El fascismo italiano va en evolución constante en algunos aspectos porque de inicio es una batiburillo de violéncia y anticomunismo sin más fundamento. Cuando Mussolini ya ha incorporado a gran parte del conservadurismo y firma el concordato con el papa y apela al cristianismo que es eso si no tradicionalismo?
Por no hablar de la referencia constante al pasado romano.
Mussolini nunca dejó de hacer política social de izquierdas. Franco igual, toda esa gente inició las políticas sociales que hoy conocemos, a nivel de pensiones,.seguridad social, etc. absolutamente jacobinas y centralizadas, que hoy se ven de maravilla pero nos va a costar caro.
.En la.Republica todavía había mutuas,.obreros que pagaban sus sindicatos, seguros y se asociaban. En Galicia el movimiento agrarista se financió de forma privada, mediante crédito. No hubo nadie que planificara nada.
Finalmente Roma no es la tradición en Italia y ni mucho menos en Alemania. Es un invento,igual que el idioma griego con la independencia de Grecia,.cosa que nunca existió.
Il Duce, el Caudillo, el Zar, el Fuhrer, todos "césares", todo mentira.
Es más, Roma no era tradición en el Renacimiento, cuando se denostó la luego llamada Edad Media y se empezaron a imitar las estatuas que estaban desenterrando.
La tradición italiana no existe en tanto en cuanto Italia tampoco existía. Hicieron como el.resto,.unificar un idioma e inventar una tradición. La tradición, si la hay, es el cristianismo, el campo y la ciudad, la microestructura (en Galicia las parroquias) el idioma, cuando no fue eliminado, etc.
Lo de Roma.es tan anacrónico (o más) que decir que la tradición española son los almorávides. Por supuesto se fueron a algo más épico, a Numancia y a la invención de la Reconquista,
Descoñezo as políticas sociais do réxime de Mussolini, pero o que afirmas do Franquismo é directamente mentira.
Non pode haber unha política verdadeiramente social cando deixas fora do sistema a unha parte desa sociedade por motivos ideolóxicos ou de simple vinganza, dar paguitas e certos dereitos a algúns membros do bando vencedor, deixando abandonados , cando non puteados, exiliados ou directamente mortos nas cunetas a unha parte significativa da sociedade, non se pode definir como política social.
En España non houbo un verdadeiro sistema de prestacións sociais equitativo e universal ata que se afianzou o réxime do 78.
Repartir o botín entre afíns non é unha política socialista.
Pero que me estás contando?, a pegada de Roma non existe na Italia fascista, é máis non existe en todo occidente?, os que catean dereito romano non están dacordo, o propio cristianismo que ti presentas como tradición da boa, é en gran parte unha invención de Roma.
A influencia, inspiración, ou como queiras chamarlle que exerceu Roma sobre os fascistas italianos é incuestionable, tanto que ata ten nome, chámase romanità, un proxecto propagandístico que defende que a Italia fascista era herdeira directa da grandeza da antiga Roma, dá igual que fose mentira, e que todo fose un invento, é a idea que se quería transmitir, e fixérono do mesmo xeito que o Franquismo exaltaba a Reconquista e os Reis Católicos para promocionar o seu proxecto, pese a que España en esas épocas non existía.
O fascismo italiano utilizou a historia e a cultura romana para construír unha nova identidade nacional, precisamente porque Italia é unha nación política , un Estado, que carece dunha longa historia común por nacer no XIX, tiveron que remontarse ao Imperio Romano para atopar momentos gloriosos dunha Italia unida, aínda que non fose Italia e fose unida a base de hostias. Mussolini presentaba a Italia fascista como continuadora da antiga Roma, asociándoa con valores como o poder, a unidade, a disciplina, a grandeza e o imperialismo, todo moi masculino, a J. Peterson encantaríalle. De feito a “Marcha sobre Roma”, á chegada fascista ao poder en 1922, ten unha clara conexión simbólica con Xulio César, un ditador que pon orde nunha República decadente e que é aclamado polo pobo alá por onde vai.
A romanità foi un elemento fundamental da propaganda fascista e apareceu na arquitectura, na escultura, na pintura, nos estudos sobre a Antigüidade e na cultura en xeral, en todo, a diferencia da arte dos pijos Futuristas, que era consumida polas elites fascistas en petit comité. A pobo dábanlle romanada, mentres que as elites das elites gozaban con pinturas de trens en marcha mesturando o cubismo e o raionismo, con 20 anos de retraso, os fachas son lentos, aínda que sexan elite.
Nos primeiros anos do fascismo, a igrexa católica mantívose bastante distante da interpretación fascista da antiga Roma, como é lóxico priorizaba á Roma cristiá fronte á Roma pagá, non lle molaba a idea de que a Roma pagá fose unha preparación natural para o cristianismo e, posteriormente, para a Roma fascista.
Pero a medida que o réxime de Mussolini se facía máis autoritario e poderoso, e utilizaba cada vez máis a Antigüidade romana como propaganda, a igrexa tragou. Tralos Pactos de Letrán de 1929 normalizaron as relacións entre a Igrexa católica e o Estado fascista, a propia igrexa aceptou a idea dunha continuidade entre a Roma pagá, a Roma cristiá e a Roma fascista, utilizaba esta visión da romanidade para opoñerse, timidamente, ao nazismo, que era considerado unha ameaza pola súa concepción anticristiá. A civilización romana e cristiá representaba un universalismo, fascista, que freaba ao nacionalismo racial e pagá nazi.
Nos 30 o fascismo organizou unha gran exposición en Roma, a Mostra Augustea della Romanità, destinada a presentar a historia de Roma como unha continuidade que culminaba na Italia de Mussolini. Membros da igrexa presentaron ao emperador romano como unha especie de precursor do Duce.
En definitiva, o fascismo intentou apropiarse do pasado romano para lexitimar o seu poder, presentábase como unha revisión contemporánea do Imperio Romano, iso non é un tradicionalismo popular, é unha invención, pero é unha invención totalmente reaccionaria que mira cara o pasado, porque o presente é demasiado moderno e decadente. A Igrexa católica, que si é tradición popular, oscilou entre a resistencia, a adaptación e a colaboración con esa interpretación, en ningún caso o fascismo foi vangarda, foi tradicionalismo que mesturou moi habilmente unha reinterpretación da tradición pagá e o cristianismo, puro conservadurismo en vea.