Aglaca escribió: ↑Miércoles 15 de Julio de 2026, 12:16
Hay muchas circunstancias que obligan a entrar en una guerra más allá de ser atacados directamente, como bien explica @the naked man para este caso, Stalin era un desgraciado, no veo el punto de intentar hacer una diferenciación entre más buenos y más malos entre comunistas y liberales en base a su posición en la guerra, ambos lados fueron oportunistas y traicioneros y solo entraron en guerra con los nazis cuando fue su culo el que estuvo en peligro. Eso no equipara democracias liberales con comunismo, simplemente habla de las decisiones que tomaron sus respectivos líderes en su momento.
Aquí máis ben estase analizando o que aconteceu antes da guerra, as políticas de alianzas que desembocaron finalmente na guerra, e sendo Stalin un asasino fillo de puta, o seu comportamento foi moito máis exemplar que o dos representantes das democracias occidentais en canto a combater o nazismo, iso é un feito dificilmente rebatible.
Stalin, por puro instinto de supervivencia, quixo negociar unha e outra vez con U.K. e Francia co obxectivo de frear a Alemaña Nazi, en todas as ocasións o desprezaron, iso é así, e fixérono por pura ideoloxía e avaricia, as democracias liberais obviaron os múltiples abusos e crimes do nazismo dos anos 30, seguiron facendo grandes negocios con eles e nin se lle pasou pola cabeza facerlle un bloqueo e impoñerlle sancións, o que non perdoaron as elites francesas e británicas foi que os curreles se queden ca propiedade dos medios de produción dos seus homólogos rusos, estaban cagados, e un plutócrata temeroso de perder a súa fábrica e a súa mansión ten moitas posibilidades de converterse nun nazi, ou polo menos mirar para outro lado mentres os alemáns fan cousas nazis.
Os occidentais, mellor dito as elites occidentais, os ricos, tamén loitaban pola súa supervivencia, e ir da man dos nazis e combater xuntos aos comunistas era o xeito que escolleron para garantila, erraron, non contaban con que os nazis e comunistas chegasen a un pacto temporal, coméndose unha boa dose de hostias que case os leva por diante, paradoxalmente salváronos os comunistas.
Repito, iso esta pasando de novo, as democracias liberais europeas prefiren ser vasalas dun USA con moitas características fascistas, e obviar un xenocio en Gaza, antes que entenderse ca China comunista, e é normal, USA non vai poñer en cuestión a orde social capitalista en Europa, China pode que si.
O capitalismo liberal e o capitalismo fascista, con todas as súas diferencias, teñen no comunismo, nas súas máis variadas formas, un inimigo común moi poderoso que fai moi difícil ocultar as históricas afinidades e sinerxías entre fascismo e capitalismo liberal, o fascismo non deixa de ser os anticorpos do sistema capitalista contra calquera infección que ameace a súa boa saúde, cada vez que o capitalismo entra en crise agroma de novo o fascismo como solución momentánea, tendo en conta que o capitalismo non ten unha crise, que por definición manifestase nun curto espazo de tempo, senón un colapso sistémico dificilmente resoluble, que vai durar para sempre ou polo menos moito, moito , moito tempo... o lóxico é que o fascismo se impoña como única forma viable de capitalismo. Síntoo as malas novas, pero é o que hai.