Dabicito escribió: ↑Miércoles 13 de Mayo de 2026, 16:44
roped escribió: ↑Miércoles 13 de Mayo de 2026, 14:43
Dabicito escribió: ↑Miércoles 13 de Mayo de 2026, 13:58
No se trata de machacar a nadie. Se trata de una transición progresiva de modelo. Es mejor ganarse el pan que ser un marginado de la caridad del Estado.
Tes unha visión do mundo ancorada no século XIX, fai máis de 30 anos que sabemos que o traballo é un ben escaso que tende a desaparición en un contexto capitalista, se non hai cambio sistémico a desaparición do traballo é algo inevitable, as novas tecnoloxías aumentan a produtividade, Isto trae como consecuencia un aumento do desemprego estrutural, traballan as máquinas deixando a moitas persoas a marxe do sistema produtivo, converténdose en potenciais marxinados, isto vaise paliando por agora mediante a redución da xornada de traballo, pero chegará un momento, sempre que non volvamos antes a idade de pedra de man de algún dos xenios que nos comandan, en que as máquinas o fagan absolutamente todo, e daquela todos seremos marxinados.
Pero si hay más trabajo que nunca. Al menos en España.
Lo que pasa es que al reducirse el modelo familiar la demanda es infinitamente mayor, primero por la incorporación de la mujer y luego por el incremente de la población activa, el baby boom más los emigrantes. Es un problema muy parecido al de la vivienda, donde antes vivían 5 ahora vive 1 o 2.
Respecto al tema de la tecnología, hasta el momento no ha reducido el empleo, sino que ha substituido unos empleos por otros, con un crecimiento neto. Los chips de finales de los 70 predecían un apocalipsis laboral que no hubo, los ordenadores y las máquinas crearon infinidad de puestos de trabajo.
Luego el tema de la IA ya es otra cosa. Es una incógnita que no te puede despejar un señor con barba llamado Marx.
El error en tu diagnóstico es que el crecimiento de la productividad no es incompatible con el crecimiento de bienes de consumo. En 1980 consumías x tecnología, x comida, x ocio, x viajes. El factor que multiplica x te lo dejo a tí.
Iso non é certo, nin sequera en España que é un caso especial debido as súas anómalas taxas de crecemento no contexto occidental.
En occidente a xornada laboral reduciuse considerablemente.
E iso so contempla as horas oficiais, cantas horas de traballo non constaban en España nos 80 e 90?, cantos curros non estaban dados de alta?, cantas persoas coñecías fai 30 anos que traballaban 10 horas ou máis cada día, cantos coñeces hoxe que curran media xornada?.
Hai máis xente traballando porque hai 10 M máis de persoas que fai 25 anos no Estado español, se miramos as horas traballadas de media por persoa veremos que o traballo per cápita foi a menos en España e en todo occidente, de feito foi a menos ata en China.
A tecnoloxía non reduciu o emprego en occidente porque se implementou o Estado de Benestar, os dereitos laborais e servizos públicos crearon demanda agregada, pero isto esta sendo demolido na actualidade debido a suba de custes de produción por falta de materias primas, as elites non están dispostas a compartir recursos con persoas que cren que non lles aportan nada, nin traballo, nin consumo, e que se atopan totalmente domesticadas polo sistema, con botarlle a culpa dos seus males os inmigrantes, e os que reciben paguitas, por agora cólalles.
O que se leva aplicando desde fai máis dun século no plano laboral, polo menos en Europa, é puro marxismo. Foron os seguidores do señor barbado os que reivindicaron a mellora das condicións de traballo coa abolición da escravitude, a abolición da servidume, a xornada laboral de oito horas, a abolición do traballo infantil, así como a igualdade da muller para evitar a diferenza salarial de xénero. E segue pasando, son os progres postmarxistas de Sumar e Podemos os que subiron o SMI, moi a pesar dos socioliberias do PSOE.
O sistema de "paguitas", que é imprescindible para que poidas andar pola rúa tranquilo, aínda que non o recoñezas, é marxismo, por iso a xente tan lucida como Ayuso non lle gusta, supuño que prefiren investir en CIEs. Certo é que os medios de produción seguen sendo privados, pero tamén existe, por agora, certa redistribución da riqueza que reduce a desigualdade económica de xeito que todos os seres humanos poidan obter o suficiente para satisfacer as súas necesidades sen a necesidade de desenvolver un traballo remunerado, un principio esencialmente marxista.
riazoj escribió: ↑Jueves 14 de Mayo de 2026, 9:19
Si estoy en el gobierno o formó parte de su estructura, acto Heroico. Si te distancias de la Guardia Civil, ya estás poniendo puentes para una guerra civil. Y ojo, me da asco la guardia civil. Pero en fin.
Pegarte unha hostia contra outra lancha é un acto heroico?, para min é unha desgraza enorme, primeiro pola morte desas persoas, e segundo porque as súas mortes son totalmente inútiles, o narcotráfico non vai desaparecer por esas mortes, nin por ningunha medida punitiva.
Paso de comentar nada sobre a ida de pelota guerracivilista.
Mr Mojo Risin escribió: ↑Jueves 14 de Mayo de 2026, 8:30
Hace falta mano de obra, pero hace falta mano de obra especializada y ni la hay aquí ni la hay fuera.
Especialízate en un oficio, hazte autónomo (incluso en España) y fórrate.
Pero es que los pisos están caros y hay que regularlos, y más caros que van a estar. Tanto los pisos, como el cambio de ruedas de tu coche, como el supermercado, como los libros de tus hijos, como el pan y como un largo etc... Se están pagando sueldazos por gente que no produce solo por ocupar huecos e ir sacando algo de chollo. El problema es muy serio y a ir a más.
Trato con muchos empresarios y la desesperación es total, meten gente (casi toda de fuera) para ver si valen y 10 vale 1 y de aquella manera, prueba y error mientras estás pagando dinerales por gente que no te arregla nada. Esto no lo arreglan cheques ayuda, ayudas para alquiler o subidas del SMI. Como en este país no se empiece a primar la productividad vamos jodidos, muy jodidos.
Vouche explicar a gráfica:
No derradeiro cuarto de século os traballadores do Reino de España, incluídos os inmigrantes, subiu a súa produtividade arredor dun 25% , pola contra en ese mesmo período o a produtividade do capital, incluídos os empresarios cos que tratas, baixou a súa produtividade arredor dun 20%.
Iso débese a un colapso sistémico que a inmensa maioría de persoas se nega a recoñecer, mellor dito nin tan sequera o ven. Fai 30 , 40 ou 50 anos, os donos do capital investían en economía produtiva, era o capitalismo guai que tanto lle gusta a Dabicito, o do aumento de producción de lavadoras que liberan a muller e toda esas fábulas, pero desde fai unhas décadas para aquí os donos do capital ven como os seus beneficios se reduciron, pese a facer as cousas ben, ou polo menos facelas como antes, pero o contexto mutou, é máis difícil gañar pasta, salvo que te metas no mercado inmobiliario e especules. A economía real non aumenta unha merda logo da entrega das chaves, as contas " nacionais" non melloran a medio e longo prazo co quecemento do mercado inmobiliario, pero as contas dos grandes propietarios si que aumentan, os donos do capital estanse comendo así mesmos, e de paso aos traballadores. Os fondos de pensións, os bancos, Amancio... están deixando de investir en economía produtiva para facer ou mercar casas para cuerreles que malamente as pode pagar, os especuladores están espremendo o mercado deixando os petos da maioría sen un peso, o que repercute no consumo, os capitalistas que si producen bens e servizos están vendo como as súas rendas se trasladan cara as contas dos especuladores que se limitan a mercadear con vivendas, pero a maioría deses capitalistas son tan sumamente ignorantes que nin tan sequera se percatan, e claman contra os impostos e paguitas, cando estas son ferramentas distributivas que axudan a manter vivo o consumo, de feito que España siga medrando bastante máis que a media de occidente en mans da dereita é debido, en parte, a esas paguitas.