Non todos, a meseta española non, nin as terras francesas con linguas de oïl, nin a Inglaterra, nin a habitada por rusos da volta do Rus... hai casos de pobos con pasado imperial que conservan a súa soberanía.Reogalego13 escribió: ↑Lunes 27 de Abril de 2026, 13:45Ay non, eu non son nadie para definir nada, pero estarás dacordo en que é una definición moi vaga na cal literalmente entran todolos territorios da Terra, non si?
Pero tamén hai nacións que non se construíron sobre outras, por exemplo Islandia, ou nacións étnicamente variadas xurdidas da unión voluntaria de diferentes pobos, é o caso de Suíza.
Outras nacións lograron independizarse dos seus imperios e teñen governos propios, Europa está inzado deles, pero tamén hai unha chea de exemplos de países insulares no Caribe é no Pacífico.
Pero USA, China, España, Francia, Alemaña, Rusia, U.K., Canadá, Italia, Arxentina, Chile ... son Estados constituídos e lexitimados en base ao dereito da conquista, son en menor ou maior medida imperios, e a min non me agradan, prefiro os Estados pequenos que non someten a ninguén, salvo os ricos para que paguen altos impostos.