Adrao escribió: ↑Miércoles 22 de Abril de 2026, 13:43
roped escribió: ↑Miércoles 22 de Abril de 2026, 13:33
Os fascistas poñen por diante dos seus intereses particulares a defensa da Nación, das tradicións, e da identidade, que son irrenunciables, e están dispostos a poñer pasta para que isto suceda.

No me puedo creer que tú, precisamente tú, te creas esto.
Defienden SUS tradiciones, SU identidad, SU nación, egoísmo máximo y lo de poner su dinero es de risa. Los herederos de Franco debe ser pobres, sí.
Los fascistas como mucho pondrán pasta para mantener el estatus que ellos quieren, porque es SU estatus.
Non digo que non exista un alto grado de corrupción nas dereitas, dispostos a traizoar os seus principios para trincar pasta, na esquerda tamén pasa, pero a nivel teórico hai unha dereita con valores que van máis aló do puro afán de lucro.
A proba vivinte de que existen persoas de dereitas desinteresadas no mundo real é a existencia dos fachapobres, non hai nada máis ilóxico desde un punto de vista económico que un pensionista que non chega a 1000 euros ao mes disposto a votar a partidos que lle conxelaron a pensión, ou un parado que vota a quen vai poñer máis complicado o acceso as axudas, ou un enfermo sen un peso que vota a quen desmantela o servizo público de saúde, e isto pasa, e moito, son xente que sacrifica a súa economía, mesmo o seu benestar físico, en defensa dunha serie de valores relixiosos que cree que están en perigo, pola unidade de España, ou polo medo que lle suscita a perda de identidade...
Blankito escribió: ↑Miércoles 22 de Abril de 2026, 10:14
Pagamos más impuestos, pero no se ve en que lo invierten.
Van a ser las risas cuando se aprueben algún día los presupuestos Generales, y se vea los agujeros que hay.
Lo mejor va ser, si gana la derecha, a los 20 minutos, los que decían que estábamos de puta madre, decir que estamos en la mierda
Home eu gastaría de outro xeito pero o gasto si se ve, España ten un 30% máis de médicos por hab que hai 20 anos. A pesar de ser un 25% máis de poboación o persoal de médicos subiu. O investimento de PIB por habitante en sanidade medrou. O que sucede é que somos moito máis vellos, e iso fai que as melloras non sexan suficientes.
O envellecemento da poboación tamén repercute nas pensións, mira o que aumentou nos últimos anos:
Si que hai orzamentos, sucede que se prorrogan os do ano 23, coñécense perfectamente as contas, o déficit público do 2025 é o máis baixo desde o ano 2008.
Eu non empregaría diñeiro público en finanaciar empresas privadas como fai o PSOE, como bo partido socioliberal que é, nin me fundiría os 11.000 M de euros adicionais en defensa, como fixo o pasado ano para contentar o emperador laranxa, tentaría reducir o deficit a 0 subindo impostos equiparandonos a outros Estados europeos... pero o certo é que estamos bastante mellor económicamente que cando governaba a dereita, os que supostamente saben diso.