astigmata escribió: ↑Domingo 22 de Febrero de 2026, 18:58
Os he ido leyendo y varias cosas.
La plantilla de Anquela no era tan mala, con los mismos y un par de retoques (poner a Mujaid, recuperar para la causa a Gaku, y la llegada de Sabin Merino) FV casi nos salva partiendo del fondo del contenedor. Aprovechado la mención a esa temporada, usar defensa de 5 con FV nos vino de perlas. No es que sea una formación tabú, pero has de usar, esta y otras, bien, que no significa bonito, defender bien es un arte aunque no sea vistoso, y del mismo modo que echar más delanteros no te hace un equipo más ofensivo, poner toda la masa humana aculada, lejos de mejorar tus prestaciones defensivas, te resta.
También pasa con la elección de jugadores, por salirnos de Hidalgo, la temporada pasada teníamos a Bouldini, que parece tener solo un registro, rematar por alto, pues si le pones necesariamente has de optar por centros desde tus extremos, no es coherente pedir a jugadores cosas para las que no están dotados. Volviendo a Antonio, Zaka es un tipo de remate, pues si lo usas cuenta con eso, evita que dispute balones en plan isla, busca el modo de llevar el balón arriba sin lanzarle melones. Más cosas, sabes que Jurado, o Escudero te duran entre 60 y 20 minutos en condiciones, vale, úsalos, pero acepta que estás condicionado por ello, o modifica cosas para estirar su fuelle, si haces que Jurado barra todo el medio campo a tope de power, o preparas un dibujo que precisa subidas del lateral con Escudero, vas a acabar con un boquete hacia medio partido. Este tipo de cosas son trabajo de entrenador.
Que FV case obrase o milagre non converte aquela plantilla en boa.
Cando estás totalmente sobrepasado eu si que creo que acumular xente atrás fai que defendas mellor, poñer moita xente por diante da bola cando es feble defensivamente é un suicidio, algo que nos últimos anos non nos cansamos de repetir, en parte porque os adestradores déixaronse presionar por gran parte do deportivismo que se nega a xogar como un "equipo pequeno", así nos foi no noso periplo pola terceira categoría onde fixemos gala dun pagafantismo moi lamentable.
Unha das poucas cousas que me gustan deste adestrador é que non ten problema en poñer a 5 atrás, ou atacar con vintemil dianterios, se así lle parece necesario, importándolle un carallo o que digan os afeccionados, aínda que logo fai unhas roldas de prensa lamentables onde en vez de dar a cara e asumir responsabilidades bota merda sobre os xogadores, o que é unha tremenda cagada.
Ao xogar con Noubi e Lou a nosa saída de balón é moi mellorable, aínda que tentamos xogar a bola non sabemos, pese a que lendo a algúns semella que temos ao novo Naybet, non é así, tras varios pases en horizontal na nosa defensa en moitas ocasións acabamos optando por un pelotazo, sería fantástico saber xogala pero non sabemos, eu coido que é mellor mandar un melonazo que perdela na frontal da área e ter unha ocasión de gol en contra.
Para tentar evitar o patapún para adiante poderíase poñer a Barcia como terceiro central, ou meter a alguén máis no medio e xogar con 3 pivotes, pero isto implicaría perder poder ofensivo, e tampouco é que vaiamos sobrados de gol ultimamente, a manta dá o que dá.
Para alongar a batería dos xogadores compre que o equipo sexa solidario, e non o somos, non corremos todos xuntos na mesma proporción, iso é culpa dos xogadores por non facelo, e do adestrador por permitilo.