Foi un delito de falsificación e aínda que fose por unha boa causa os responsables foron sancionados, ben chimpados están. Outro tema é a nivel moral, non é de recibo equiparar a esta xente que non se quedou con un céntimo e tentaron evitar unha devolución dunha subvención por non ter rematado unhas obras que coido que nin sequera empezaron eles, con Ábalos ou o mozo da Quironesa, por moito que se tente fomentar o discurso da antipolítica, o de todos son iguais e polo tanto votar aos meus corruptos é admisible, ou peor aínda non votar e poñerlle unha veliña a un Caudillo que o arranxe todo a marxe da vontade popular, pois que queres que che diga?, non é serio.
O certo é que o BNG so foi condenado por este caso de corrupción, e xa ves que caso, un caso en 43 anos de historia, e logo de ter protagonismo en centos de corporacións municipais, xestionar as Depus en moitas ocasións, a xunta nunha lexislatura... e isto débese a varios motivos, o principal e fundamental é que a xente que pretende facer cartos ca política non se mete no BNG, hai espazos políticos máis propicios para facer fortuna, outro factor importante é que os donos do capital, e potencialmente corruptores, ven o BNG como un inimigo a bater, non lles molan, nin sequera para untalos e ter o seu favor, prefiren seguir apoiando os seus e esperar as seguintes eleccións.
Pero todo isto cambiaría con dúas vitorias seguidas do BNG, en ese caso subiríanse ao carro unha chea de trepas, e os donos do capital adaptaríanse, mesmo empezarían a falar en galego, e por suposto tentarían comprar a quen sexa do BNG, e algúns deles venderíanse, o que probablemente remataría nun cisma no BNG, na creación dun PSOE a galega, ou mesmo de paso ao nacemento, por fin, dun PNV a galega, o cal sería aplaudido polo teu querido Bastos, non sei agora pero no seu día estaba afiliado ao BNG con todo o seu libertarismo.
Falando de donos de capital e BNG, resúltame curioso que non se fale moito de como Finsa, unha das empresas máis tochas de GZ, se largou do cluster da madeira dando un protazo logo do apoio da Xunta o plan de eucalipticación a medida de Ence, e quizais de Altri. Finsa o que precisa son piñeiros, en esta guerra de mafiosos que trafican co monte galego o BNG tomou partido.
Ana Pontón critica desde Xilonor, la empresa impulsada por Finsa y Goiriz, la moratoria ‘fake’ del eucalipto
https://www.economiadigital.es/galicia/ ... lipto.html
Non me parece mal, divide e vencerás, ademais as pasteiras Ence e Altri están palmando diñeiro a saco debido a sobreproducción dos seus competidores en América do Sur, con un pouco de sorte arruínanse e Finsa, caciques autóctonos a diferencia dos vascos e portugueses, collen o relevo e axudan a xestionar mellor o monte.