astigmata escribió: ↑Viernes 21 de Marzo de 2025, 10:38
roped escribió: ↑Jueves 20 de Marzo de 2025, 19:13
astigmata escribió: ↑Jueves 20 de Marzo de 2025, 19:11
El plan es ¿Desembarazarnos de los brazos USAnos, y tirarnos a los de Rusia? No me atrae mucho esa idea, prefiero lo de invertir en pistolas.
Se interpretas así o meu plan entendo que che seduzan as pistolas.
No es que digas eso de un modo directo, no has escrito aliémonos (sometámonos) al zar y asumamos su mando cual ucranianos nazis, pero si no tienes capacidad para distanciar ambiciones externas acabas cayendo en manos del más fuerte o decidido a colocarte en su órbita.
Desde la II guerra mundial Europa occidental quedó eliminada como actor principal, Francia aún ha tenido algo de presencia en las zonas marginales que le han dejado. El resto se ha movido en la medida que USA ha considerado iban alineados con su política o no le afectaba demasiado, así han sido las cosas.
Lo de Trump es sorprendente, enajenarte el servicio de vasallos dóciles y útiles por mera estupidez, es perder un portaaviones enorme clavado en Eurasia, pero, bajo mi punto de vista mal harían las autoridades europeas si creen que la ruptura del vasallaje sale gratis. Un pacto feudal, y eso era básicamente nuestro vínculo con esta gente,
implica obligaciones del vasallo, pero también del señor. Hasta la fecha parecía un hecho que un ataque a territorio OTAN, a tierra europea, implicaría la inmediata entrada en el conflicto de USA, como señor ligio de esas tierras, pero eso ya no es así. El panorama ha sido dinamitado, no hay certezas y ante eso habrá movimientos tentativos, o Europa se muestra un agente blindado difícil de tragar, o se lo van a tragar.
Lo que pusiste está bien, y lo comparto, la clave es estatalizar el continente, objetivos claros, mando único, fuerzas armadas conjuntas. Si, ello daría para alejar sospechas de vulnerabilidad, posiblemente sin invertir más en armas ni reclutar más gente, la organización suma más que la cantidad, de acuerdo. Pero... la vida no transcurre por parajes platónicos ideales, o acuerdas con la realidad, o esta te espabila de un tortazo.
La UE está muy lejos de tener una posición única, las oligarquías que controlan los resortes estatales de cada miembro no van a ceder poder alegremente, solo el tiempo les puede convencer de que les compensa colaborar consolidando un ente superior que les rebaje jerárquicamente, entre tanto cada cual va a velar por sus intereses por encima de los del común, de modo que los franceses seguirán encamándose con Marruecos aunque sea un peligroso socio USANO en el flanco sur y una amenaza seria para un compa en la Unión.
En el corto plazo cada cual ha de asegurar su propio culo, sin contar necesariamente con sus socios europeos, por dos motivos, defender por si mismo los intereses regionales, y en segunda instancia evitar deserciones de los estados menos entusiastas con el proyecto continental. Si Hungría, por ejemplo, empieza a ver que está rodeada de países peleles sin ninguna fuerza intimidatoria puede entender que el paraguas ruso le renta más que seguir en un conglomerado inoperante.
No es que haya un abanico de posibilidades abierto y el rearme sea simplemente una opción, es que Trump ha pegado un revolcón repentino a todo el entramado de alianzas mundial al más puro estilo Kaiser Guillermo destartalando los sistemas Bismarckianos y ante eso toca posicionarse con urgencia. Si al largo plazo lo que dices, organizarse sale más a cuenta que llenar los arsenales de pistolillas, pero entre tanto Marruecos ha recibido del amigo americano una buena remesa de material bélico, o sigues el ritmo, mientras avanzas en la necesaria estatalización, o lo mismo acabas repartido como taifas pagando parias a diferentes depredadores.
E que Rusia non é o máis forte, Rusia ten unha quinta parte do PIB da UE, a valores de paridad de poder adquisitivo (PPA), ten un exercito tremendamente inferior a suma dos exercitos europeos, son 145 millóns de habitantes e baixando, fronte 450 millóns da UE e subindo, o seu problema demográfico, hai que sumarlle que hai pouca xente nova, e a que hai está morrendo nas trincheiras de Ucraína, outros moitos escapan cara occidente... no único que gañan é en arsenal nuclear, pero cando soltas primeira atómica importa unha merda ter miles de cabezas nucleares, soamente cas 300 que posúe Francia garantes o final da humanidade.
Os máis fortes somos nos, e fumos nos os que forzamos a máquina pretendendo anexionarnos Ucraína para provocar a revolta interna en Rusia, Rusia malamente se pode defender, non pode nin tan sequera imaxinar en atacar, o que sucede é que Rusia son a hostia xestionando o catenaccio, como ben lembrou rusalko foron Napoleon e Hitler os que entraron en Rusia, non a inversa, e perderon, como perdeu U.K. e Francia na guerra de Crimea, como perdeu o quedaba do Imperio Sueco na Guerra de Finlandia...
Eu defendo negociar con Rusia un desarme e desmiltarización ao longo dos miles de kms de fronteira que compartimos con eles, baixo a ameaza de aumentar o nos arsenal nuclear, pouco sometemento vexo eu aí.
A postura de Trump é arriscada pero non estupida, é un xeito barato de manter a hexemonía, é curtopracista pero pode ser efectiva, o seu éxito depende en gran medida do grao de vasalaxe que esteamos dispostos a aguantar os europeos. Trump pretende aforrar pasta, mesmo facturar máis obrigándoo os europeos a armarse mercando as súas armas, o mesmo tempo que ergue un proteccionismo económico ca intención de corrixir a súa lamentable balanza comercial, e suaviza as relacións con Rusia ca vista posta a frear o bo entendemento entre rusos e chineses. Se lle sae ben USA terá 100 anos máis de reinado, pero ese plan está todo collido con pinzas, para empezar os pobos de Europa estamos ata os collóns e os boicots os productos americanos estenderanse, tanto que ata os partidos que defendan a sumisión o Imperio Ianqui serán castigados electoralmente, o tema non vai rematar ca baixada de vendas de Tesla. Putin non se vai pregar a vontade de Trump, e China medrará máis lento sen as materias primas rusos hiperbaratas, pero medrará...
As oligarquías que dominan os Estados membros non van desaparecer mercando máis armas, vanse forrar máis iso si.
Se Hungria quere ser rusa eu non teño nada que dicir, eu respecto o dereito de autodeterminación dos pobos, adiante, máis dubídoo moito que iso suceda, con todo coido que para evitar ese suposto compre máis ter un soldo mínimo a nivel europeo e un sistema fiscal harmonizado, que 10.000 tanques con bandeiriña azul apostados en Polonia, Eslovaquia e Rumania.
Ata o máis parvo sabe que os Estados europeos por separado non poden facer fronte os Imperios, nin sequera Alemaña ou Francia, estamos obrigados a unirnos, do contrario a nosa condición de colonia americana será aínda máis evidente.
Precisamente un acto de soberanía, de dignidade, e de intelixencia que representaría un gran paso cara a construción europea sería renuncia armarse máis, centrándonos primeiro en unir os diferentes mandos dos exércitos europeos nun mando único. Dicir que imos armarnos máis e o mesmo que anunciar o noso sometemento a USA, xa que gran parte de ese diñeiro vaise gastar en armas americanas, seguramente por iso a UE retrasou os aranceis, queren darlle tempo a Trump que valore a oferta, nos mercamos máis armas ianquis a cambio de menos aranceis para os produtos europeos, cedemos a súa chantaxe, o cal na miña opinión é propio de imbéciles.
O perigo marroquí é un delirio español do que non son participe, agora o perigo vai ser Marrocos!!!!, un Estado que ten unha sexta parte do PIB español, e 60 veces menos que o conxunto da UE, que non ten industria, nin materias primas, que está dividido etnicamente e con moitos problemas internos... se ten algo de importancia é pola súa posición estratéxica para pechar o Mediterráneo, por iso o apoia USA, o perigo non é Marrocos, o perigo é USA, Marrocos por si mesma é un anano económico e militar.