the naked man escribió: ↑Viernes 14 de Febrero de 2025, 9:53
Exactamente.
Estamos empezando a ver los resultados de deslocalizar todo para que salgan los números mejor en los Excel. Ni mas ni menos.
Eso y empezando a pagar el despreciar los sobrecostes en lo poco que se hace aquí en temas de I+D. Sin ir más lejos anda que no hubo acusaciones y desprecios con los sobrecostes de los submarinos S80 por ejemplo. Es lo que tiene el I+D, que quemas un montón de billetes a cambio de conocimiento, por eso Francia en su momento se largó de la OTAN y tienen una industria militar brutal, o por eso en Suecia tienen sus propios aviones y no tienen que estar dependiendo de unos u otros países para usarlos. Sin independencia para fabricar y sobre todo usar tus juguetitos militares nunca serás independiente, y Europa no lo es a día de hoy.
Y como esos ámbitos militares tantos otros, no hay una empresa potente europea de diseño de microprocesadores o no hay industria pesada localizada en europa de forma masiva ...
Y a eso súmale que somos las perras de USA, si ellos agitan la mano nosotros ladramos, y eso no puede ser. La UE debería ponerse seria en muchos temas, algunos críticos como la industrialización, control de fronteras o potenciación de empresa de alto valor añadido, porque recursos naturales no hay ya quitando algunas excepciones que, además, están extremadamente penalizadas legislativamente, cuando no directamente prohibidas.
A deslocalización, a globalización forma parte do proxecto capitalista postmoderno, e a tentativa para a superación da lóxica leninista onde a fase final do capitalismo é sempre unha boa guerra entre imperios.
Sergundo Fukuyama a democracia liberal, é o punto final da evolución ideolóxica humana, as ideoloxías xa non serían precisas, serían substituídas pola economía ( capitalista por suposto). O truco é converternos a todos en consumidores nun mercado libre onde as empresas privadas multinacionais competisen pacificamente, onde non houbese intereses nacionais, onde todo estivese tan interconectado, mediante deslocalizacións, que sería unha idiotez facer unha guerra porque todos perderían.
Se negas a deslocalización e o globalismo implicitamente estáslle dando a razón a Lenin, eu doulla, por iso non son capitalista, pero se es capitalista é lle das a razón a Lenin unha de dúas, ou es un imperialista que pensa que podes gañar a batalla, ou es un tarado que non sabes por onde sopra o vento.
Por certo os S 80 foron un desastre, ata tiveron que refacer os diques porque non collían neles, ademais gran parte da tecnoloxía que usa é de Lockheed Martin, é dicir do imperio, son un exemplo exactamente do que non hai que facer.
As empresas da industria militar europea deberían ser nacionalizadas e logo obrigalas a que cooperen entre elas, planificación e control público ao ao estilo chinés, se esperamos que o sector privado europeo se rebele e se impoña o seu amo americano imos de cu.
Francia pódese permitir certo grao de independencia, proporciónallo a capacidade que ten para borrar do mapa N.Y. cas súas nukes, pero Alemaña non ten esa posibilidade, é máis desde 1945 é un país ocupado por forzas estranxeiras, non podes ser verdadeiramente soberano cando tes miles de soldados estranxeiros en ducias de bases espallados polo país.
A UE antes de nada o que tiña que facer é negociar en bloque a saída de todos os militares americanos do territorio europeo, o mesmo tempo debería negociar con Putin unha redución de efectivos militares a ambos lados da fronteira UE - Rusia, e restablecer as relacións comercias, non de xeito total, Putin non é un bo socio, pero si o suficiente como para rebaixar a tensión, tender pontes para cando Rusia teña que escoller que quere ser, Putin non vai vivir sempre.