astigmata escribió: ↑Jueves 03 de Octubre de 2024, 9:10Leyendo a Filotas hay algo que no me cierra, o que al menos me despierta cierto desconcierto. "El mundo árabe ama el dinero, no moverán un dedo".
Me llama mucho la atención la inacción del mundo Sunní. Si puede ser lo que dice Filotas, pero llevamos muchos años, décadas , en los que una parte de la sociedad islámica ve a Israel como el mal y occidente como sus secuaces y en base a ello se ha financiado Al Qaeda y demás por parte de millonarios del golfo y a pie de calle el discurso de invitar a la inmolación contra los infieles ha llegado a tener cierto éxito como desgraciadamente sabemos. Pero ahora, que el ataque es atroz, nada, calma, espera, ninguna reacción, ni siquiera protestas airadas, cero, estoy perplejo.
Me preguntó si la conclusión de Filotas, dar por buenos los muertos musulmanes dejando a Israel hacer a cambio de dinero, o puede que a cambio de desgastar a los Chiíes la va a comprar la sociedad Sunnita. A veces los movimientos en la historia son lentos y parten de lejos, me preguntó si este mirar a otro lado de todos los autócratas sunnitas les pueda costar caro a largo plazo perdiendo autoridad sobre la gente común, en particular respecto a las jerarquías religiosas.
O mundo árabe non é sinónimo do mundo islámico.
Os árabes odian os persas e os turquidos, non existe unidade no islam.
O islam dividese a súa vez en varias sectas, os sunnies e os chiies son as principais pero hai máis.
A todo isto hai que engadirlle os intereses de clase no seo das diferentes sociedades que forman o mundo islámico.
Ser antisionista non che converte en filopalestino, nin aliado de Irán, que a súa vez non son tampouco sociedades uniformes, Palestina por non ter non ten nin governo.
As teocracias árabes e Turquía desconfían do poderío de Irán, non van facer nada para beneficialo, prefiren que Israel e Iran se manteñan nun eterno conflito, que ningún deles triunfe sobre o outro e se faga hexemónico na zona.
O integrismo islámico fomentouse desde as elites árabes e occidentais para frear un panarabismo cuxa proposta estrela era socializar o petróleo e o gas.
Al Qaeda, Isis ou Hamas reciben pasta dos árabes adiñeirados, pero os creadores e quen os adestra é a CIA , o MI6 e o Mossad. Isto é tan evidente que ata se di en público.
Borrell acusa a Israel de haber financiado a Hamás para debilitar a Palestina
https://elpais.com/internacional/2024-0 ... stina.html
Tanto occidente, incluída a súa colonia dominada polo sionismo , como as elites do mundo islámico, salvo Irán e Siria, levan colaborando durante décadas para manterse no poder, e para iso crearon un inimigo que pode aparecer e actuar en calquera momento, co fin de asustar á poboación occidental, e dar certa esperanza os musulmáns, segundo conveña, empuxándoos a aceptar calquera tipo de política represiva das liberdades e calquera tipo de acción militarista/ terrorista en favor da súa "causa", que sempre coincide cos intereses das elites tanto occidentais, como islámicas.
Isto foi así desde o final da IIGM, mesmo antes, pero sobre todo é palpable trala crise do petróleo do 73, mais algo mudou fai un par de meses, un feito importantisimo que non se lle deu moita bola, pero que pode chegar a explicar o que esta acontecendo e o que vai acontecer, Arabia Saudí deixou de privilexiar o dolar como divisa no mercado de petróleo, abríndose a usar outras moedas, fundamentalmente o renminbi, o que non deixa de ser unha proba da paulatina cesión de poder de USA a China.
https://www.eleconomista.com.mx/opinion ... -0127.html
É posible que os saudies estean atacando empregando as finanzas, desdolarizar o mundo fai bastante máis pupita que mandar 200 misiles.
Quizais esteamos presenciando unha ameaza do Imperio os seus antigos socios, quizais USA estea dicíndolle os Saudies, e demais teocracias do golfo, que de non mudar de actitude poden chegar a ser os seguintes en gozar do supremacismo sionista.
Quen sabe?, quizais haxa outras lóxicas que se nos escapan, terá que pasar tempo para entender o que realmente está acontecendo.