Tes o suficiente criterio para ter unha opinión propia sobre o concepto de Nación, pero tampouco moito, pouco tardaches en apoiarte nas opinións deses prestixiosos persoeiros, de xeito tramposo e manipulador, todo hai que dicilo, xa que ningún deles rubrica o teu particular concepto de nación, senón que se ciñen as definicións canónicas de Nación Cultural e Nación Política.Filotas escribió: ↑Martes 10 de Septiembre de 2024, 20:44Creo que tengo el suficiente criterio para formarme una opinión propia sobre el concepto de nación. Al contrario que tú, no sigo los postulados de uno u otro pensador si no que extraigo los elementos que me parecen interesantes. Lo de casarse con opiniones e ideologías os lo dejo a otros más necesitados de argumentos ajenos. De todas formas, no soy tan inteligente como para inventarme un concepto como el que explico. Luego vuelvo a eso.
Yo comprendo que un nacionalista, si le desmontan el concepto de nación, sufre, que es lo que intuyo te pasa a ti. Necesitas que todos necesiten la nación para poder ser nacionalista. Sospecho que por eso necesitas llamarme nacionalista español, pero siento decirte que estamos a distinto nivel…
Pero bueno, gran parte de tu argumentario se basa en decir que me invento el concepto de nación. Mi recomendación para que extiendas horizontes y cambies de siglo. Ya no te pido que llegues al pensamiento del siglo XXI, me conformo con que salgas del XIX.
hobsbawm (espero haberlo escrito bien, que eres muy pejiguero y voy caminando) tiene un libro naciones y nacionalismo desde 1780 donde se señala que el nacionalismo ha perdido su fuerza y que las naciones ya no son la unidad fundamentales de organización política y social. Hobsbawm (si lo escribo bien) es la base del concepto de nación etimológica que he explicado arriba.
Manuel Castells, poco sospechoso se ser un asqueroso fascista, sostiene que las tecnologías han creado nuevas formas de organización social que trascienden las fronteras nacionales.
Lyotard, el gran teórico del postmodernismo, argumenta que la nación ha perdido el poder explicativo en la era postmoderna. La diversidad y la fragmentación han ocupado el espacio de la nación.
Según Benedict Anderson en Comunidades Imaginadas (fantástico ensayo), define la nación como una comunidad política imaginada en la que los miembros comparten un sentimiento de pertenencia basado en una identidad compartida, independientemente de su ubicación geográfica.
Ulrich Beck argumenta que la globalización ha erosionado las fronteras nacionales y ha creado una “sociedad mundial” donde las identidades transnacionales son cada vez más importantes.
Zygmunt Bauman también sostiene que en la “modernidad líquida”, las identidades nacionales se vuelven fluidas y menos relevantes debido a la movilidad y la interconexión global.
Ya en casa, con calma, te he buscado algunas referencias para tu disfrute. Si no encuentras alguna y te interesa, te la mando por telegram, pero son fáciles de encontrar. En cualquier punto PIC de una biblioteca lo puedes conseguir.
Beck, U. (2000)What Is Globalization?.
Bauman, Z. (2000)Liquid Modernity. 3: Anderson, B. (1983)Imagined Communities.
Lyotard, J.-F. (1979)The Postmodern Condition. 5: Castells, M. (1996)The Rise of the Network Society. 6: Hobsbawm, E. (1990). Nations and Nationalism since 1780.
O que manifesta esa xente é o pouco que lle gusta o concepto de Nación Cultural, aínda que no caso de Hobsbawm, que é o único que coñezo relativamente ben, recoñece en ese mesmo libro que citas, que se poden acadar cousas positivos axitando os sentimentos nacionalistas, e que en ningún caso se debe deixar que a dereita se quede ca bandeira.
Segundo este historiador marxista o nacionalismo é chungo, pero xa que hai que vivir con el, recoñecendo implicitamente que existe,existeu, e prosiblemente sempre exitirá, dirixámolo nós. Por certo o seu dogmátismo antinacionalista contradí a Marx, e xa postos a I Intenacional Socialista, onde un dos seus principais eixos programáticos será declararse a favor da independencia de Polonia do Imperio Ruso, e das demsais nacionalidades oprimidas, sea polas grandes nacións capitalistas, ou polos imperios multinacionais feudais . Engels resumiuno ben:
Dúas nacións europeas teñen non só o dereito, senón o deber de ser nacionalistas antes de transformarse en internacionalistas: Irlanda e Polonia. Estas nacións alcanzarán o máximo internacionalismo, cando sexan xenuinamente nacionalistas
Pese a estar necesitado de argumentos alleos, as veces ata penso por min mesmo, coido que toda esa xente importante, empezando por Hobsbawm, están profundamente trabucados, ou estaban, xa que algúns xa palmaron. Falas desde o púlpito da contemporaneidade, pero toda esa teoría é de finais do século XX, e o igual que a súa version liberal , A fin da historia de Fukuyama, os feitos contradín o seu relato.
Explicome, penso que non é nada complicado atopar no mundo actual movementos de corte nacionalista, que enxalzan virtudes reais ou imaxinarias dunha determinada nación, á vez que buscan trazar unha clara delimitación fronte os "outros".
O movemento indepe en Cat existe, é real, e hai moitas Cataluñas no mundo, os Estados Nación cuestionanse en todolos continentes porque non son quen de satisfacer as necesidades de algunhas persoas, moitas desas persoas teñen unha identidade común, un aglutinante que os une fronte a políticas e intereses que entenden alleos.
Pero o nacionalismo non é exclusivo das Nacións sen Estado, tamén se percibe nos pobos exitosos, nas Nacións Políticas, as surxidas do liberalismo máis racional, os Estados para entendernos. E evidente, neste foro pode advertirse, que existe certo desasosego producido polo aumento de inmigrantes e refuxiados, pero tamén das consecuencias non desexadas da globalización, non son poucos os internacionalistas nativos de Estados Nación, con sano patriotismo, como por exemplo o poli do video que ti amablemente aportaches, que perciben que algún, ou varios, destes factores, como unha ameaza que pon en xaque a súa identidade, así como a súa seguridade e estabilidade económica. O control migratorio é puro nacionalismo, poñer aranceis os coches chineses tamén o é, incluso renunciar a poñelos, para evitar deste xeito que os chineses fagan o mesmo e deixen de comer porco español, tamén o sería, no caso de que sucedera.
O nacionalismo existe desde fai moito tempo, non sei canto, seguramente sexa un concepto consustancial o ser humano, quizais incluso antes. O nacionalismo é o sentimento de pertenza a unha tribo, a un grupo humano unidos por lingua, cultura, relixión... ou simplemente por intereses comúns.
Os presuntamente non nacionalistas dicides que o nacionalismo é froito da imaxinación, como se iso fose algo negativo ou lle restara importancia, o que nos fai humanos é precisamente a nosa capacidade para imaxinar, o caso é que a autoidentificación e a solidaridade ca comunidade característicos de todo nacionalismo , pese a súa inmaterialidade, cincelan o mundo material de principio a fin, ti falas español porque a Nación española existe, tes médico porque existe ese acordo entre españois, tes un código legal que che protexe grazas a existencia dunha Nación.
Tamén os non nacionalistas argumentades que a defensa do proxecto da UE é unha vacina contra o nacionalismo, o cal é unha mostra pasmosa de inxenuidade, ou de burda manipulación. A única diferencia entre o proxecto da UE e a unificación alemá ou italiana, paradigmas do nacionalismo integrador decimonónico, é que os marcos son máis grandes e hai máis nacións étnicas dentro deles, pero o certo é que a UE, o igual Italia e Alemaña, é un grupo humano con vontade de constituír unha comunidade política e ter un futuro común, que é a definición canónica de Nación Política, mal que che pese.
No caso da UE ademais vese un sesgo etnicista cada vez máis evidente que o emparenta co nacionalismo cultural, o dobre raseiro no trato os refuxiados me remito. Na UE as vitimas da guerra son máis ou menos vitimas dependendo se son eslavos, negros ou árabes.
O nacionalismo non é necesariamente agresivo, non necesariamente é totalitario. Pode selo, do memso xeito que toda persoa pode ser unha asasina, depende en gran medida do contexto, precisase que as condicións de vida dun grupo importante de xente empeoren, para que o nacionalismo se tire o monte e mute en fascismo. Nesa ruta montaraz sempre serven de guía os donos do capital.
Certo é que os sentimentos identitarios foron manipulados moitas veces, especialmente trala creación do Estado Nacion moderno, pero sempre se fixo beneficio dos titulares do poder para aglutinar ao rabaño.
Mais o perigo de ser manipulado non resta o ser humano o anhelo dunha identidade, somos gregarios e precisamos vivir en sociedade.
A difunta globalización quixo anular toda identidade superflua e contraria os intereses dos seus promotores, pretendía eliminar o minifundio, o aldeanismo para crear unha masa cosmopolita cunha identidade nova baseada no consumo, non importa de que cor sexas, nin como fales, xa non es, o que che define, a túa identidade, é o que posúes.
Segundo a teoría globalista o mercado rematará cos problemas do ser humano, este buenismo capitalista leva sendo transmitido desde fai décadas, esta mítica escea da pelicula Network é un bo resumo deste antinacionalismo globalizador:
https://www.youtube.com/watch?v=vyaoniDnQbs
O caso é que pese a levar máis de 50 anos inmersos neste fantástico plan hai moita xente que non veu mellorada a súa situación, mentres o globalismo non triunfe e impoña definitivamente a liberdade que de lugar o seu particular Sangri- la, e moito me temo que vai ser complicado que isto suceda debido os límites físicos do planeta, ese mesmo globalismo antinacionalista emprega ferramentas propias dunha supeestructura nacional, como por exemplo o exercito, poucas cousas hai máis nacionalista que un bo exercito, que son utilizadas para someter as persoas con identidades arcaicas e liberticidas. Non hai mellor cousa para extender o amor a democracia, a liberdade e a tolerancia que un B-52 ateigado de artefactos explosivos.
A clase traballadora é outro «nacionalismo», moi difuso, amplo, que engloba moitas nacionalidades e identidades, pero que actua como unha «nación», cando loita por emanciparse dun sistema globalista capitalista que trata de eliminar o concepto de cidadán en favor do concepto de consumidor, para construir unha sociedade onde os dereitos e obrigas sexan variables dependendo da capacidade de compra do individuo.
As clases humildes máis conservadoras tamén reaccionan perante os efectos perniciosos da globalización, non lles gusta perder o seu curro, ou que non lle suban o soldo, porque en China fan todo máis barato, non lles mola convivir con xente con outras costumes, as veces desagradables, que ademais ameazan o acceso o mercado de traballo dos seus fillos, queren volver 50 anos para atrás, ou mesmo a un pasado máis remoto, na busca duns valores propios dunha época idealizada que probablemente xamais existeu, esa nostalxia de tempos mellores, xunto o medo que provoca a ameaza a súa identidade, regado con moita propaganda nos medios de comunicación e redes, ten como resultado un aumento electoral moi significativo de posturas propias de ultra dereita.
En definitiva o nacionalismo está de moda, o pronostico deses señores foi errado, non podía ser doutro xeito, construir unha previsión do devir da humanidade, partindo da constante dun crecemento económico infinito é unha idiotez destinada o fracaso, a maioría desta xente tiñan disculpa, son persoas do xéculo XX, que se siga apostando por estas parvadas no XXI , ca que está caendo, non a ten.
E si, todos somos nacionalistas, mesmo os supercosmopolitas aventaxados que saben que existe un mundo máis aló dos Ancares, todos vivimos nunha nación, que a sintamos como propia, ou entendamos que é significativamente mellorable é o de menos, que nos dota de dereitos e deberes, e que serve de plataforma para tentar satisfacer os nosos desexos e intereses, pero obviemos esta incoherencia, hai outra aínda máis simpática, os antinacionalistas son un grupo de persoas con intereses comúns dispostos a colaborar para crear unha comunidade con vocación universal, iso convirteos nunha Nación, multiétnica, superdispersa, sen Estado, pero Nación igualmente.
