astigmata escribió: ↑Jueves 05 de Septiembre de 2024, 11:40
Eso no es así Roped. No todo estado emana de una nación, el estado es el poder organizado sobre un territorio, y como tal existe desde la sedentarización jerarquizada, es más antiguo que las alpargatas, y no siempre ha tenido como legitimación ser representación del pueblo (étnico, o no) sobre el que ejerce dirección o mando. Hay estados fundamentados en la religión como teocracias, los hay como una extensión patrimonial familiar de una dinastía, los hay como libre asociación de propietarios que consideran sus intereses mejor defendidos en cooperación, como los suizos.
El punto común es que el estado tiene la capacidad de imponerse, el poder para controlar un territorio y defenderlo de otros estados, eso es lo que importa y lo que hace estado, reconocimiento de esa fuerza por parte de ciudadanos, súbditos o fieles bajo esa estructura y en consecuencia obediencia a su mandato.
Unos obedecen por piedad religiosa, otros por respeto a la tradición y costumbre de estar bajo el mando de la misma familia, o por presión de grupo, al haber una mayoría que acepta ese estado la minoría asume porque no tiene capacidad de rebelarse, esta presión de grupo puede ser por número, muchos aceptan ese modelo de autoridad (Sea un estado representativo, aristocrático, o totalitario) o puede ser simplemente porque los cuadros del estado controlan los medios represivos, ya sea un estado colonial, una junta militar reaccionaria o una minoría revolucionaria selecta que toma el poder de un modo audaz como los bolcheviques.
Dabicito dice que tanto nación como estado están en el mundo de las ideas, a lo que yo respondo con un si pero no. Ambas precisan de reconocimiento para su existencia, si nadie lo acepta desaparecen, pero hay una diferencia, que hace del estado algo muy tangible y real mientras que la nación es algo más difuso. La nación, como concepto, vive en la mente de la gente, pero no hay una traslación física, cada cual tiene su percepción, es el estado, que es quien tiene poder real y capacidad de autodefensa y fuerza para imponerse, el que fija lo que es nación, y lo que no lo es, impone cual es el idioma, y la forma estandarizada, dice hasta donde llegan las fronteras de esa nación, estén o no dentro de ese estado y marca muy claramente los heterodoxos a eliminar pues no son buenos nacionales por su calidad de tibios, híbridos o poco entusiastas.
Ben, se te fixas eu falei de do momento actual, concretamente dixen isto :
O Estado contemporáneo existe porque antes existiron eses nacionalistas.
Aínda así non estou de acordo contigo, non podía ser doutro xeito.
Existen dúas teorías fundamentais para explicar o nacemento do Estado, a estruturalista e a funcionalista, a base de hostias ou polas boas respectivamente. Eu coido que as dúas teñen parte de razón, pero canto mais tiramos para atrás no tempo, a segunda ten máis visos de ser a acertada, aínda que a primeira rapidamente remonta ata facerse a preponderante.
A característica fundamental do Estado non é a súa capacidade de impoñerse, iso ven despois. Explícome, o Estado nace pola necesidade de planificación do proceso produtivo, e do reparto dos excedentes que este xera, creándose unha nova clase social, a burocracia, que ten como única misión manter o equilibrio social que permite seguir producindo.
Para que exista Estado debe existir previamente unha sociedade con costumes, lingua, relixión... comúns, ligazóns sociais que permitan os individuos colaborar entre eles, esas ligazóns sociais son a Nación. Crear un Estado mediante a violencia partindo de cero é imposible, precisase unha superestrutura previa, precísanse individuos que colaboren entre eles, terra e división do traballo... para obter produción e excedente, isto en orixe soamente se acada mediante o acordo libre e voluntario entre individuos con características e lazos comúns, esta colaboración voluntaria pouco dura, seguramente ante a primeira mala colleita apareceron os primeiros problemas, e de paso a lóxica da loita de clases.
Dá o mesmo a onde miremos e ata onde nos remontemos, na orixe sempre está a Nación, porque está e consubstancial a sociedade que precede toda organización estatal.
Si, é moi certo que o Imperio Romano foi un Estado Plurinacional imposto a base de hostias, pero antes de que existise un Imperio no Lacio houbo unha Nación.
A manifestación física do Estado é real, tes razón, esa é unha fortaleza que a Nación Histórica non ten, pero si a ten a Nación Política porque esta si é sinónimo de Estado, paradoxalmente esta manifestación no mundo real do Estado tamén é unha debilidade. Un Estado sen os recursos que permitan a existencia das súas institucións tarda pouco en derrubarse, converténdose nun Estado Fallido con poucas posibilidades de volver a ser o que algún día foi, o certo é que todos os Estados rematan desaparecendo, canto máis violentos e poderosos sexan, máis rápido se derruban e máis fondo caen. As nacións pola contra son moito máis resistentes, o residir exclusivamente na cabeciña da persoas poden perdurar séculos, de feito cando caen os Imperios deixan paso as nacións que sempre estiveron aí, de xeito inmaterial pero duras como croios, moitas delas rematan sendo Estados.