Tes razón cando afirmas que toda urbe parasita o seus territorios anexos, pero eu non falo só do Madrid urbano, senón de toda Comunidade Autónoma de Madrid, que básicamente é un sumidoiro enorme de recursos onde se produce moi pouco. A Comunidade de Madrid unicamente ofrece a cambio da súa voracidade os servizos de xestión, de capitalidade, servizos dos que algúns queremos prescindir, non porque vos teñamos manía, senón porque é máis practico e beneficioso para nós e para todos, salvo a clase dirixente madrileña, que os territorios e persoas teñan o máis preto posible a súa capital.Adrao escribió: ↑Domingo 21 de Enero de 2024, 9:00A Coruña city es un parásito del territorio adyacente y ahí no hay lloros. Cada X tiempo hay que leer la misma cantinela ridícula sobre Madrid.
Sí, las capitales ya sean de estado, comunidad, provincia, etc. siempre serán "parásitos" del entorno porque consumirán más bienes de los que producirán.
Cando os lexisladores e accionistas viven no mesmo territorio que xestionan coidano mellor, por iso Madrid pese consumir a hostia de enerxía non ten un so eólico, nin unha central térmica, nin por suposto unha nuclear.
GZ pola contra producimos moita enerxía, produtos industrias, e comida, tanto que gran parte de todo iso vendemolo fora, pero non sacamos o rendemento que deberíamos porque unha parte importante dos beneficios de explotación marchan a outras latitudes, non somos donos dos nosos recursos, temos todolos rios cheos de encoros pero os benéficos van para os accionistas das empresas eléctricas cuxas sedes están en Madrid e Barcelona, e alí pagan impostos, por iso Cat e sobre todo Madrid recaudan gran parte dos impostos de sociedades do Estado español, ademais do IRPF de toda a elite traballadora desas grandes empresas, facendo crer os madrileños e catalás que manteñen os demais, cando é xusto a inversa, sobre todo no caso madrileño cun sector industrial e agrícola de chiste en relación a poboación que ten.