Reogalego13 escribió: ↑Domingo 13 de Agosto de 2023, 16:08@roped, China saca o uranio de áfrica, que para eso é dona de cerca do 50% das empresas de todo o continente. A maiores tamen de Rusia, claro, pero a inversión tan salvaxe que leva facendo en áfrica a última década ven de xustamente ahí.
A diferencia entre occidente e China para min é moi clara. A democracia é una barreira que temos. Eles planean cousas a 100 anos, nos planeamos absolutamente todo a 4 anos porque é donde alcanzan rédito os nosos políticos. Coma aos chinos eso soplalla moi forte, non teñen ese problema e poden planificar a longo plazo, cousa que os países democráticos non fan porque non da rédito político.
Os chineses tamén fan o subnormal, non soamente somos nos idiotas.
O PCCH cometeu moitos erros, precisamente por non ter que expoñerse a vontade popular.
En África hai o uranio que hai, veremos que pasa con Nixer, pero posiblemente suceda como con Irak ou Libia cos recursos fósiles, provocarase unha guerra caótica que non permitirá a ninguén empregar eses recursos. A USA chégalle con que ninguén gañe e o páis quede arrasado, para seguir dominando.
Rusia domina a industria do uranio a nivel mundial, teñen minas, teñen a técnica para enriquecer uranio, e teñen a hostia de armas nucleares para reciclar, todo pais con enerxía nuclear civil depende en gran medida de Rusia e satélites, Kazaxistán e Uzbekistan.Entre os 3 teñen o 50% do mercado mundial de uranio, con Níxer achegaranse o 60%.
Os ex soviéticos dominan porque teñen o choio feito, están vendendo o arsenal nuclear da URSS, mentres que o resto dos competidores parten de 0, USA estase reservando o uranio das súas armas nucleares. A larga non vai haber uranio no mercado para alimentar a pila de nucleares que está construíndo China, salvo que os chineses pensen que van ser capaces de quedarse cas reservas de Rusia, ou as de USA, África que veremos como estará daquela, non é suficientemente rica en uranio para abastecer a China, e moito menos a China e Francia ao mesmo tempo, os gabachos non se van quedar parados, iso tamén está clarisimo.