Ven do fío de política.
Norm escribió: ↑Martes 04 de Mayo de 2021, 17:37
roped escribió: ↑Martes 04 de Mayo de 2021, 15:30
Norm escribió: ↑Martes 04 de Mayo de 2021, 15:09
roped escribió: ↑Martes 04 de Mayo de 2021, 13:42
Non, non, Marcos, de cruzarnos de brazos nada, hai que facer a hostia de cousas, por exemplo:
Crear unha rede de ferrocarril moito máis tupida, o tren é o sistema de transporte máis eficiente enerxéticamente de largo, e non precisa baterías.
Mellorar a rede eléctrica para que non haxa fugas, gran parte da enerxía que producimos pérdese.
Limitar aínda máis o uso do coche nas cidades, fomentar o tranvía, o trole e sobre todo o uso da bici.
Artellar un gran plan enerxético para as familias, para favorecer o autoconsumo e a creación de redes locais e públicas de enerxía, deste xeito evitarías gran parte das perdas do punto anterior.
Recuperar a titularidade pública dos saltos de auga con concesións difusas ou pasadas de data.
Subvención a fondo perdido de plans de illamento térmico de vivendas e empresas.
Baixada do IVE as reparacións.
Novo plan de reutilización e reciclaxe, ecoembes é un timo.
Traslado de parte do tecido productivo a zonas cunha densidade enerxética máis alta, é dicir Barcelona e Madrid a tomar polo cu, aposta por GZ, Extremadura e Cy L.
Eliminar a bula fiscal o sector aéreo, así como prohibir os vos domésticos como fixo Francia.
Iso para empezar, o plan de instalación de gulags iría na segunda fase.
Acaban de crear el primer cerebro robótico capaz de aprender cómo un ser humano. Tu coeficiente intelectual para deducir todas esas soluciones que aportas etc etc no es mayor que 200, de eso estoy convencido. Donde tú ves un problema, un robot con una capacidad intelectual de 250 (y me estoy quedando corto, seguramente.),encontrará 20 soluciones prácticas a tus problemas. Total, das por hecho que no vamos a solucionar los problemas de la energía, que caeremos en desgracia sino reducimos abruptamente el consumo o si no pasamos a un sistema totalmente socialista, pero para una mente robot, todo eso que tú das por hecho, obedece a la incapacidad de hayar algoritmos nuevos más eficientes, que aporten mejores soluciones, por ejemplo.
A mi lo único que se me ocurre para pensar que la humanidad se va a ir al carajo, es que no hemos visto ni una sola civilización extraterrestre que nos haya visitado. Lo que quizá implique que a cierto nivel de desarrollo, una civilización tiende a colapsar y extinguirse, no obstante, también cabe la posibilidad de que si nos estén vigilando y no nos demos cuenta.
Estás de broma non?, invítote a que repases as leis da termondinámica, son inamovibles, ata para un robot.
Que tiene que ver? Sabes la cantidad de energía disponible que hay.?. Los científicos hacen cálculos,, especulan, pero realmente no saben cuanta energía hay. Además. Ya hay teorías como la del universo espejo que podrían cargarse las leyes de la termodinámica de un plumazo.No te fíes mucho de la inmutabilidad del conocimiento científico, sobre todo en la física. Es cambiable con el tiempo. Y a medida que aumenta el conocimiento más teorías científicas quedan obsoletas. Y el conocimiento podría ser infinito, así que...imagínate...
Nos universos paralelos non sei, en este a cousa vai así:
A enerxía non se crea ni se destrúe, só se transforma.
Un sistema illado evolucionará cara un estado de mínima enerxía e máxima entropía (máximo desorden), nos mantemos a "orde" debido a que non somos un sistema illado, recibimos un fluxo de enerxía constante do sol, que levamos aproveitando desde que éramos bacterias ata o día de hoxe.
Importa pouco que a enerxía sexa infinita, o que debe preocuparnos é a enerxía economicamente rendible, por desgraza esta é algo máis escasa.
Durante os últimos séculos aproveitámonos dunha gran cantidade de enerxía solar empaquetada por bichiños e prantas fai millóns de anos que chamamos carbón, petróleo e gas, pero que non deixa de ser enerxía solar hiperdensa. Esa enorme cantidade de enerxía facilmente explotable é o que fixo posible o crecemento económico e de poboación dos derradeiros 400 anos, que deu lugar a máis adiantos científicos , que a súa vez crearon máis riqueza, unha retroalimentación económica, demográfica e científica que so é posible mediante a explotación de grandes e densas cantidades de enerxía, por desgraza ou por sorte, o río enerxético perde caudal, digo por sorte polos problemas de quentamento global que implican o uso desas enerxías.
Os científicos aseguran que a curto medio prazo é imposible remprazar a enerxía fosil, e que mesmo debemos ir abandonandoa polo problemas ambientais que a súa explotación implican, entón vos, os capitalistas superfáns dos científicos, renegades de esa mensaxe, e apelades a mutabilidade da ciencia para deste xeito evitar que mute o pensamento dominante, non pensar moito, e evitar que os demais pensen, é a mellor forma de sortear cambios socioeconómicos que nos afecten negativamente, ou iso creedes vos.
A ciencia cambia, iso é certo, ninguén o nega, pero desde a estandarización do método científico esa evolución é moi lenta, o mesmo tempo que se asentan principios científicos universais que aspiran seriamente a eternidade, por exemplo Newton logo de 300 anos segue tendo razón, e nada nos fai pensar que vai deixar de tela.
Apelar o relativismo e defender que non existen verdades científicas absolutas, mesmo especular con universos paralelos onde as leis universais da termodinámica deixen de ter validez, para non asumir a verdade científica da insutentabilidade da nosa sociedade é facer un pouco o avestruz, non cres?.
Hai miles de científicos que nos aseguran un gran hostión o longo deste século fagamos o que fagamos, na nosa man está facer as cousas ben e que sexa un hostión, ou facelas mal e que sexa un megahostión.
https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/ ... b469e.html
O mesmo tempo que os capitalistas ninguneades os científicos que din cousas feas do voso sistema ideal, defendedes, cunha dose moi alta de caradurismo, que a ciencia xa atopará un xeito de solucionar estes problemiñas, que malo será...
Iso non é unha actitude científica, máis ben todo o contrario, esperades unha miragre, e as miragres non existen.