Non entendo o que pretendes dicir, acaso insinúas estamos nunha situación semellante a de 1490, a dous anos de un acontecemento revolucionario?.
Sospeito que non entendes a diferencia entre un proxecto privado de un aristócrata que é dono de países enteiros, e un proxecto sufragado con fondos públicos polo Estado, un Estado que é xestionado por un governo escollido polo pobo.
Dicir que a conquista de América foi exemplar demostra que es un troll ou que a propaganda revisionista española ten un enorme éxito. Anímote a que abras un libro, ou se tes preguiza pon xenocidio conquista de América en google.
Paréceme incrible que empregues o descoñecemento dos europeos sobre todo o relacionado con América como xustificante das súas posteriores accións o longo da conquista, a ignorancia convertida nunha patente de corso que outorga o dereito a quedarse con algo que non é seu porque os europeos nos gusta "investigar", como vai o tema, canto máis ignorante máis che toca?, vaia burrada, ademais é mentira, América xa fora descuberta, mesmo por europeos.
O concepto de Estado é bastante complexo, en todo caso se os Incas carecían de estado, a coroa española tampouco estaría a cabeza de un Estado.
En América había 60 millóns de persoas antes da chegada de Colón, algúns estudosos falan de máis 100 millóns, en Europa había sobre 80, a densidade era menor en América, pero non estaba despoboada. Por certo o número de indíxenas en América en 1600 era de 10 millóns, digo polo tema do xenocidio e tal.
Tenochtitlán tiña máis de 200.000 habitantes no 1500, ningunha cidade europea salvo tiña ese tamaño, é máis xuntabas os habitantes de Granada, Sevilla, Barcelona e Valencia e collían dentro de Tenochtitlán, xuntabas os habitantes de parís e Londres e collían en Tenochtitlán.
O Imperio Romano foi xenocida, afortunadamente xa non hai ninguén no presente que se refira a Imperio romano como "nosotros" , a diferencia do que acontece co Imperio Español.
Que sacases boas notas en historia é moi definidor de como está a educación, sóbrache etnocentrismo e fáltanche coñecementos.
Sobre o beneficio da chegada do ser humano a Marte, os posibles avances científicos que nomeas de xeito xeneralista, porque en realidade non tes nin puta idea de que consisten en concreto, poderían facerse sen teimar en chegar o planeta vermello.
Para discernir o beneficio económico de ese proxecto compre saber primeiro canto custou, para logo especular sobre os rendementos futuros que poderán obterse das aplicacións civís dos adiantos científicos asociados a carreira por chegar a Marte, un calculo complexo que dubido que fose feito por ninguén, desde logo ti non o sabes.
É posible que en un mundo ideal con recursos infinitos e sen problemas ambientais, un mundo que so existe na cabeciña dos capitalistas, a moitos anos vista esa inversión sería rendible, desgraciadamente non é así, o colapso é inevitable e non o digo eu, dino os mesmos que queren ir a Marte.
https://www.elconfidencial.com/alma-cor ... os_103241/
Polo tanto é moi probable, por non dicir seguro, que as promesas de grandes adiantos científicos emanados desa carreira por ir a Marte queden en absolutamente nada, dado que en poucas décadas non vai existir unha civilización industrial onde poder implantalos.
Sería moito máis intelixente investir toda a pasta gastados nos cacharros para ir a Marte en plantar árbores, é menos glamuroso pero é o mellor descarbonizador que existe, ademais dan sombra e son bonitos, e iniciar un programa económico, a poder ser quinquenal, decrecentista, pero sucede que plantar árbores e diminuir o PIB deixaría a moitos homes de ciencia vinculados o desenvolvemento tecnolóxico e produtivo no paro, mentres que habería unha chea de curritos agropos que sairían beneficiados, e iso é dificil de dixerir para aqueles que se creen con máis dereitos que os demais por ser máis listos e ter un titulito, en realidade o cientifismo de feirón é un discurso clasista que defende os privilexios de uns poucos, dos escollidos, dos listos, e o adorna con bonitas promesas de progreso para todos, o problema que teñen é que os científicos de verdade, os que que fan ciencia básica nun escuro despacho e usan o raciocinio e non se venden, din que imos de puto cu.