O deseño curricular da matería de historia é sustancialmente mellorable, par min, para os que mandan está perfecto. lol
Non coñezo os Ulloa sevillanos, os Ulloa en orixe son unha póla dos Traba, quizais a familia nobiliar mais importante do primeiro medievo peninsular, sen contar as dinastías reais, aínda que o certo é que os Traba tamén emparentarion cas casas reais. A Ulloa é unha comarca galega a beira do río Ulla que lle dá o nome, os Ulloa acompañaron os Reis galegos, logo os leoneses e finalmente os casteláns na súa expansión cara o sur, houbo unha Casa Ulloa moi forte en Extremadura, quizais os Ulloa sevillanos sexan descendentes de eses señores guerreiros que fixeron fortuna ca reconquista.
Eu teño amigos, coñecidos, mesmo parentes, andaluces, é distingo perfectamente un gaditano de un granaíno pola fala, distinguir un de Jaén de un de Cordoba xa me é máis dificil. Iso mesmo sucede en GZ pero en distancias moito máis curtas, os acentos aquí van por comarcas, mesmo por parroquías, debido a dificil intercomunicación nunha orografía complicada.
Cando estab en 3º de EXB a nai dunha compañeira, que era de aldea pero con moita dose de autoodio a pobre, fixo unha pequena campaña contra o galego na escola, eran os tempos duros do Vazquismo na Coruña, eu tiña 8 anos pero sempre me lembrarei como esa analfabeta defendía a súa postura, asi dixo no medio do seu acto improvisado na lameira que tíñamos por patio no cole: Xoves, xoves, que es ese invento de xoves será güeves!!, a tipa por non arriscar a caer na gheada, marcouse un güeves e quedou toda chea. Daquela eu era un neno galegofalante nunha Coruña trementamente hostil co galego, tiven que mudar de idioma para que os meus compañeiros me entenderán, para que me fixeran caso, máis seguín falando galego na casa, agora que xa vou algo máis vello so falo en castelán cos turistas e xente que está depaso por GZ, co resto en galego, e se non saben que aprendan, ninguñen me censurou por iso, aínda que algunha mala cara si que observei, sobre todo entre o funcionariado que precisamente ten a aobriga de responderme no meu idioma e non o fai, o curioso é que moitas persoas, sobre todo as de fora de España agradeceno, teño uns amigos arxentino, un irlandés e unha inglesa que van aprendendo algo de galego conmigo, pero queixanse que moitos galegofalantes cambian o castelán para falar con eles, un xesto de amabilidade que agradecen, pero o mesmo tempo gostaríalles que non fosen tan amables e así poder seguir practicando, ademais de que argumentan que eles son os de fora, son eles os que se teñen que adapatar a nós, non a inversa. Teño un amigo de Algeciras que escribia os carteis do seu negocio en galego, e recibía a xente falando en galego, pero cando veu que ata os galegofalantes se pasaban o castelán para falar con el, e iso que fala perfecto, con acento andalú, o cal é bastante simpático, deixou de facelo, díxome que se sentía parvo, un andaluz falando en galego mentres os propios galegos lle respondían en castelán, e ten razón, así estamos.
Pese a todo isto, cada vez é máis común ver neofalantes de outras latitudes, creo que é bo, sube a estima do idioma, e quizais sexa un empuxón para os nativos indecisos de pasarse o galego, ademais estando tan fodidos, todo reforzo das nosas filas é ben recibida.
Uns exemplos:

Carta de un neofalante ianqui.
http://pensadoiro.com/carta-dun-neofala ... uPyk7hy2nk
Entrevista a unha francesa, aínda que para min é máis galega que moitos galegos, que fai música electrónica en galego desde o ourense rural.
https://www.laregion.es/articulo/ourens ... ?webview=1