Saco que esos termos son toponimos que non fan referencia a unidades politicas, de que son empregados como toponimos sen referirse a unidades politicas. Ata donde eu entendo, din "Galicia", non din "Reino de Galicia", e usano para referirse aos pobos galegos, portugueses, asturianos... Podía haber un reino, ou haber unha docena, non fan demasiada distinción, como ti ben dis, ata que se aparecen castela, leon, e portugal.roped escribió: ↑Martes 10 de Septiembre de 2019, 19:02Eu non dixen que os termos Yilliqiya e Galisiya fosen intercambiables, eu dixen que ningún deles fan referencia a un suposto Reino de Asturias, e manteñoo.waccamole escribió: ↑Martes 10 de Septiembre de 2019, 12:52Penso que te equivocas en un aspecto que a miña forma de ver e fundamental.Spoiler:
O termo Yilliqiya e as suas variantes non fan referencia ao mesmo que o termo Galisiya. Pra empezar, ningun dos dous termos fan referencia a unidades políticas. Ambolos dous se refiren habitualmente a extensións xeográficas que a maior parte de autores árabes sitúan na zona Noroeste da peninsula Ibérica (ainda que hai moita imprecisión e inexactitude). Vamos, que son topónimos. Yilliqiya, fai habitualmente referencia a una extensión moito mais amplia que Galisiya. Bueno, en realidade non, eses términos tamen se empregan pcomo gentilicios, para definir as costumes/cultura/relixión das xentes desa zona geofráfica. Pero nunca fan referencia a unidades políticas.
Parece que é a partires do nacemento dos novos reinos, cando algúns escritores árabes comezan a referirse ao "reino de León" como Yilliqiya separándoos de Qastiliya (Castela vamos). E a partires dese momento, o termo Yilliqiya queda prácticamente no olvido dos escritores árabes.
Para os árabes non eramos máis que cans do noroeste da peninsula aos que matar.
Por outra parte non sei de onde sacas que eses dous topónimos non fan referencia a unidades políticas, certo é que as fontes árabes ao longo de centos de anos variaron a extensión xeográfica de eses termos, e solapounos con outros , sobre todo cando o centro político se desprazou cara o sur e o este da peninsula, apareceron termos como Qastiliya ( Castela) e Burtugal ( Portugal), máis iso non quita que durante boa parte da Idade Media toda a área político-xeográfica do norte da Peninsula Iberica, que coincide bastante cos marcos da antiga provincia romana de Gallaecia e co posterior Reino Suevo, os árabes chámaronlle Yilliqiya, logo co paso dos anos e do nacemento de outras entidades políticas, empregouse tamén o termo Galisiya que facía referencia a un territorio máis achegado as fronteiras da actual Comunidade Autonoma galega.
Para os árabes os galegos eran uns porcos que se lababan unha vez o ano, uns burros que desprezaban a ciencia, e uns salvaxes nas costumes, os seus ollos eran uns bárbaros miserables, o habitual desprezo racista e etnocentrico que todo Imperio ten respecto os pobos susceptibles de ser colonizados.
Pero bueno, e como eu o interpreto, a tua postura e tan ou máis válida que a miña