Invítocho a que leas o Minimanual do guerrilleiro urbano, de Carlos Marighella. Foi un manual de cabeceira de Txeroki, Josu, Atrapalo, etc.
Cando falo de lexitimidade, refírome a que a loita de ETA tiña certo sentido polo contexto de España. Nos anos posteriores ao franquismo aínda gobernaron ata o 77. Do 78 ao 81, só pasan tres anos con grupos de todas as siglas actuando para conseguir cotas de poder na nova configuración do Estado. A partir do fracaso do golpe de Estado, España queda claramente perfilada e recoñecida como unha democracia. Europa comeza a integrar a España. O GAL empeza a abandonar a súa actividade no 86.
Do 90 ao 2011, pasan 21 anos nos que ETA vai por libre. Non ten ningún tipo de sentido, nin xustificación algunha. Miles de votantes de HB, polo que se ve, pensaban que si. Por que? Porque, no fondo, o obxectivo era crear un movemento insurxente. Esquece as negociacións e reivindicacións nos medios; iso é a palla.
A verdade está no manual. Nese manual especifícase que o obxectivo é desgastar o Estado ata tal punto que na rúa só haxa policías e militares.
E si, xa sabía que hai casos de Estados que se separaron pacíficamente. Explicallo a Txeroki.
Por outro lado, xa sei que non son o mesmo autocracia que autarquía. Entendo perfectamente a distinción técnica: a autocracia é o sistema de goberno (quen manda) e a autarquía é o sistema económico (autosuficiencia). Pero cando falo do modelo chinés ou da tendencia actual, refírome á autarquía política e de valores. Pero da igual. Se prefieres cambia autarquía por autocracia. Pasamos dun modelo democrático liberal a un modelo autocrático.
Política
¿Quién está conectado?
Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 5 invitados