Eu non o podería dicir millor...roped escribió:Pois eu creo que o Pepe Cervera ten toda a razón, os grandes medios son dinosaurios que non poderán sobrevivir aos cambios, algún aguantará pero a inmensa maioría terán que pechar.
Hoxe a rede permite que todos sexamos en certo modo informantes potenciais, realmente xa non precisamos intermediarios entre a fonte e o lector, e si estes intermediarios sobreviven será porque logran aumentar o valor dunha información impregnandoa de persoalidade.
Non precisamos máis xornais convencionais , precisamos maís blogs de calidade, o problema é que o gran público aínda non o sabe, pero empeza a cheirarse algo ao ver que todolos xornais contan as mesmas paridas.
De feito coa a popularización de internet, a mediados dos 90, a venda de xornais foi caendo considerablemente é co tempo rematarán por desaparecer (só temos que fixarnos, a cantidade de xente que prefire ter un e-book, en vez de mercar libros de papel...)