Beto escribió:Foster, de forma muy sencilla y convincente, explica en una entrevista que le hizo Gabilondo hace meses las razones de por qué el urbanismo disperso es un gran mojón y las ventajas bastantes obvias de la densificación de las ciudades, sobre todo si se aboga, como hace él, por el transporte público, por supuesto, y por muchos otros servicios y espacios públicos. Lo comento porque no sé si la obra de J.Jacobs no será demasiado técnica para legos como yo mismo.
De todos modos, intuyendo por dónde van los tiros de roped, más que defender un modelo aberrante a lo Springfield, lo veo capaz de discutir el concepto mismo de ciudad y la necesidad de su existencia, que no sé si es más aberrante todavía
Ah, y guay, seguid poniendo cosas de Porto que seguramente pase unos días este verano.

Foster é un ladrón, como todo arquitecto estrela que se prece, que se vaia deitar.
Eu penso que nos imos ver como moitas cidades van a menos e algunhas desaparecen, hai moitas cidades directamente que non van ser sustentables, de feito a expansión en algunhas grandes cidades xa se freou, Atenas que pasou de 1 millón de habitantes nos 50 a 4 millóns en apenas 30 anos está perdendo poboación, na miña opinión Madrid e Barcelona son un enorme erro, que repitirán o modelo ateniense, pero hai casos peores, Londres non ten xeito, o que sucedeu este inverno co racionamento das leitugas no super é de coña, con catro xiadas os guiris quedaronse desabastecidos, que sucederá cando os custes de producción e transporte se multipliquen?, como se lle vai dar de comer a 15 millóns de persoas nunha cidade radicada nunha illa cunha agricultura de merda?, lin que hai estudos que din que Londres aguanta como moito 3 días sen abastecemento, despois o caos, leva 200 anos viviendo das colonias, é como o Trantor de Asimov.
Eu non creo que desaparezan totalmente as cidades en plan rollo Maia, pero vexo moi complicado que a finais deste século existan cidades de máis de 1 millón de habitantes, limítome a facer un estudo comparado cas cidades ao longo da historia precapitalista, existiron cidades tochas Roma, Chang’an, Kaifeng... cidades próximas a un millón de habitantes, pero capitais de imperios que aglutinaban unha porcentaxe moi alto do PIB mundial, exemplos anecdóticos nun mundo esencialmente rural que salvo sorpresa in extremis é o que imos voltar si ou si, eu creo que as cidades do mundo vanse Detroitizar, Ferrolizar se falamos de ambito galaico, van ir esmorecendo paseniñamente, e algunhas directamente van desaparecer, os máis listos que tomen medidas agora para facer cidades máis autosuficientes e sostibles, son os que se salvaran.
Sobre Porto recomendar tamén as súas librerías de vello, que alí chámanlle Alfarrabistas, son as mellores de Portugal, nin Lisboa nin hostias, hai moitas e sitúanse no lado esquerdo da Av dos Aliados mirando cara a Trinidade, por alí tamén está a famosa librería de Harry Potter, a Lello, un timo moi bonito para guiris que so ten libros mainstream, agora porriba hai que pagar so por entrar.
