Ruy escribió:Como o condenaba Lendoiro?
A mín non me gusta ter unha directiva que non denuncie este tipo de abusos -e outros en máis ambitos sociais- pero é algo que teño asumido, o Depor é o Depor, non o Sankt Pauli. Criticar a actual directiva por isto cando nunca foi un debate é amosar o plumeiro e porlle un foco directo. Lendoiro, o que tiña ao galego marxinado, o que puxo o aval á afección do Celta para que Riazor non fose un escenario de unión contra a xestión do Prestige, Lendoiro o concelleiro do PP, nunca foi cuestionado como o está a ser Tino neste eido.
A ver se asumimos dunha vez que Tino "só" está en débeda coa familia e achegados de Jimmy, e cos agredidos en Madrid, todo o demáis, boicots, novas sobre o ben que lle vai a Altia, berros no estadio ou este tipo de cuestionamentos acerca de como se ten que comportar a directiva (dun clube moribundo económicamente) cos poderes.. son cousas innecesarias e gratuitas que non fan máis que dano ao clube.
Todo o que dis sobre Lendoiro é certo, e que?, os pecados do pasado presidente xustifican os do presente?, en todo caso so debería avergoñar a aqueles que agora censuran a Tino e antes non o facían con Lendorio, pero non é o meu caso precisamente, porque eu xamais asumín ter unha directiva con comportamentos rastreiros e moi miserables, que é o que tivemos, temos e teremos, no caso de existir, se non mudamos de comportamento e miramos con condescendencia certos comportamentos polo simple feito de que sempre foi así.
Co segundo páragrafo non podo estar máis en contra, Tino se me apuras está en débeda con todo o puto xénero humano cando colabora con represores. O estadio desde fai milenios é un espazo de entretemento, de ocio , de alinenación, pero tamén de liberdade e expresión política, en moitos ocasións, en demasiadas, é o único sitio onde o poder ten que escoitar as críticas en primeira persoa, por iso mesmo o queren someter a control, non existe recinto máis oportuno que ese para cagarse en todo, a defensa dese concepto de estadio que vai máis aló que o mero curro de bestas, para min é máis importante que o club, en realidade o que fago é privilexiar o dereito das persoas que aman o Depor, que son parte do deportivismo, sobre a supervivencia de un ente abstracto, o Deportivo non é nin a camisola, nin o escudo, nin as oficinas con Tino dentro, tampouco son os xogadores, é a afición e se esta desaparece, e imos camiño da getaficación con toda esta puta merda, todo o anterior é un envoltorio baleiro de contido, a min que carallo me importa o Deportivo sen deportivismo?.