Ahouis escribió:Un dos moitos motivos polos que non saen rapaces é porque a afición do Deportivo non é o suficientemente madura para saber entender o proceso de maduración deste tipo de xogadores. O sinto, pero creo que en xeral damos moita pensa nese sentido. Pouco futbol mamaron moitos por aqui.
Eu non falaría de madurez, falaría máis ben de carencia importante de autoestima, de pouca confianza do que sae da casa, prefirese apostar polo bo por coñecer que polo malo coñecido.
Eu xa o dixen moitas veces, se un xogador de fora cedido ou con poucos anos de contrato é de 7 e o da canteira é de 5, eu poño o da canteira, por varias razóns.
Primeiro porque son un romantico e identificome máis con el.
Segundo porque o da canteira pode medrar e chegar a ser un xogador de 7 ou de incluso de sobresainte.
Terceiro porque un xogador da canteira cando todo esta perdido, cando xa non hai esperanza vaise seguir deixando o pelexo, mentres que os outros estarán chamando ao seu representante, non sempre é así evidentemente, pero asemellase moito.
Cuarto, a canteira é o único medio de sobrevivir cando os ingresos decrecen, xogar a ruleta con cedidos podeche sair ben un ano pero ao final perdes.
Quinto, o mercadeo futbolístico dame noxo, canto máis canteiráns nos equipos menos chusma haberá arredor do futbol, hai que reducir a escala económica do futbol, sobre todo nestes tempos no que se esta indo todo a tomar por saco.