
Pero o tema é que Robben como ti dis era, é e será un puto crack. Sí, habia os peros por todos sabidos, non o vou a negar.
Polo que respecta a Sneijder, eu nunca escoitara tal cousa de que non se coidaba. Era un xogador con futbol, con pegada, xoven, que podía xogar en medio campo ou de media punta. Tiña de todo.
E logo ven a outra parte. Kaka e Benzema. Kaka tiña pubalgia dende facia tempo. Outro tema e que levaba xa un par de anos non xogando ó 100%. Para rematala, e parece que ainda non se deron conta, Kaka é segunda punta, nin herdeiro de Zidane nin merdas varias como din por Madrid. Mercaron a un xogador que non sabian como xogaba.
Benzema..jojo, si Sneijder se pira por discolo, este tipo que é?? Amen de que, de novo, fichan a un xogador pensando que é algo que non é. Benzema non era nove, nin o sera nunca, por moito que insistan en Madrid.
En resumo, deixas ir a dous cracks por dous tipos que custan o triple, que non son o que necesitas e que teñen os problemas que tiñas os que chimpache (Robben por Kaka, tullido por tullido; Sneijder por Benzema, discolo por discolo).