Danimost escribió: ↑Martes 13 de Octubre de 2026, 10:56
Tristan escribió: ↑Lunes 12 de Octubre de 2026, 21:18
Ada Colau, que tuvo que abandonar la vivienda que compartía por no permitírsela después de ganar casi 1 millón de euros solo en salarios.
¿Te crees que esto es tu twitter personal para dejar tus bulos que para más inri por reglas del foro el resto estamos obligados a leer?
O de Tristán non é un bulo, pero tampouco é verdade, so tenta manipular un chisco, pese a que practica con asiduidade sáelle regulinchi.
É certo que Colau abandonou a súa vivenda, recoñeceuno ela mesma, tamén é certo que gañou case un millón de euros en bruto, pero tivo que pagar impostos como todo cristo, a súa nómina como alcaldesa quedábase nuns fantásticos 7000 pavos mensuais. O que Tristán non conta, porque vai contra o seu relato de políticos trepas, sobre todo si estes son de esquerdas que pretenden vivir como ricos de dereitas, é que os partidos a esquerda do PSOE carecen de apoios entre os donos do capital, estes, a diferencia dos fachapobres, si teñen claro o concepto de loita de clases, na esquerdallada non hai caixa b, son en boa medida os cargos públicos, con nóminas altas, os que sosteñen os partidos, os líderes, a diferencia dos líderes de dereitas, están obrigados a doar boa parte do seu soldo a causa, concretamente Ada Colau daba 4800 euros deses 7000, é dicir que se quedaba con 2200 pavos ao mes, o que en Barcelona é un soldo do montón, non ía sobrada.
Eu creo que Ada Colau é unha pésima líder, pero non polo que apunta Tristán, senón por ser unha progre, unha incauta que cree no sistema e pretende reformalo desde dentro, todo catalán que se presente por un partido español o é, e aí meto tamén a Rufián.
Tampouco creo que Colau sexa unha boa estratega, era moi previsible que a dereita ía facer o que fixo Tristán, tanto ten que sexa mentira, a dereita ten unha caixa de resonancia moi forte, a inmensa maioría das persoas van tragar ca versión da dereita, Ada debería ser máis lista é absterse de facer eses comentarios sobre as súas dificultades persoais. Gran parte da esquerda alternativa cree que con dicir a verdade chega para facer política, e non é así, son uns papahostias.