Tristan escribió: ↑Sábado 03 de Octubre de 2026, 15:04Cualquier discusión de 2026 está viciada, a día de hoy no existe capacidad de ahorro para pagar el 20% + impuestos que exige comprar una vivienda. Algo hay que hacer, claro.
Lo que no compro es que un tipo de 40, o peor, 50, con toda su vida trabajando no sea propietario por culpa de las mariposas. Son elecciones propias con las que tenemos que convivir. Tú tambien has elegido Reo, y tu planteamiento me parece bien, es tuyo. Yo en tu posición habría comprado y si me muevo, alquilar, y eso he hecho. El caso es que si en 10 años me vienen mal dadas a mi o a ti fruto de esta decisión, los principales culpables seremos nosotros junto a la coyuntura. No de Aitor Esteban o el youtuber de gafas para sentirnos mejor.
O malvendí por un asesinato...![]()
O discursito moralista da dereita de toda a puta vida, a xente é pobre porque quere, se non ten casa é porque son uns viciosos.
Non sei se te enteraches pero fai case 20 anos moitas persoas perderon as súas casas por quedar no paro, e non poder pagar a hipoteca, non fixeron nada impropio segundo a moral capitalista, non viviron como ricos sendo pobres, souberon sempre cal era o seu escalafón social, so aspiraban a ter un teito e perdérono.
Desde aquela pechouse o crédito, unha gran porcentaxe da poboación menor de 40 anos non pode soñar con ter casa propia, salvo que herden, e deben someterse a vontade dos rentistas, pagando o aluguer que estes queiran, se queren durmir ao quente. Isto é un roubo legalizado, e intachable segundo a vosa moral, por parte das clases ricas sobre as pobres, os ricos queren vivir sen traballar a conta de acaparar bastante máis da metade das nóminas dos traballadores apelando a un título de propiedade. Iso para min, e para algún outro é inxusto, creemos que compre revisar a sacralidade da propiedade privada en algúns casos, para que todo o mundo teña casa, debe prohibirse que un individuo teña moitas, é moi doado de entender, outra cousa é que ti creas que non todo o mundo deba ter casa porque non fixo méritos para tela.
Tal e como vai a cousa imos ser cada vez máis, se fosedes medianamente listos tentaríades parchear como fose para baixar o prezo dos alugueres, é o que tentou o PSOE, salvar o sistema poñendo uns remedios de merda, pero a dereita cavernaria prefire a man dura, e chimpar a xente da súas casa multiplicando a tensión nas rúas, perfecto, veremos quen gaña.