El debate era si Podemos mejora al PSOE, yo creo que son la misma cosa, tú no. Luego me dices que nunca hemos tenido un salario real tan alto como hoy en día gracias a Podemos. Yo contesto y te digo que el salario real no es alto, y que nuestra capacidad de compra es mala. Peor que en otros países de la UE. Mira los datos, si no me crees. Dices que eso es por la guerra de Irán etc. No digo que no. De hecho ya te he dicho que la Izquierda es el mal menor.roped escribió: ↑Miércoles 30 de Septiembre de 2026, 11:02Si que estamos falando do mesmo, ti dis que os datos non valen porque contradín a túa opinión construída en base a que?, a " sensacións"?.
Case todos os habitantes do planeta perdemos poder adquisitivo, é unha consecuencia do colapso provocado pola falta de recursos e un agravamento das consecuencias do cambio climático, hai menos de todo, e somos máis, as elites tratan de trampear emitindo diñeiro, algo que ti defendes, para incentivar o consumo e ter a sensación de benestar, pero iso produce e multiplica a inflación e o final perdemos poder adquisitivo.
Non hai solución a este escenario, polo menos nós non a imos ver, en todo caso podemos paliar as consecuencias da carestía de todo repartindo as cargas entre todos, e así evitar que haxa xente que se vexa totalmente excluída.
Eu non vexo mal emitir pasta e que suba algo a inflación, pero isto debe ir asociado a outras medidas, podemos tomar exemplo de China, si outra vez:
O governo da China é directamente responsable de manter un custo de vida asumible mediante controis de prezos nunha chea de productos, por exemplo a enerxía.
https://spanish.xinhuanet.com/20260323/ ... 16c/c.html
Que todo o chan sexa público e controlar os prezos inmobiliarios é boa idea, pese aos problemas asociados a sobre oferta xa comentados, gran parte dos 1400 M de chineses son " propietarios" das súas casa dun xeito máis barato que os occidentais.
Os chineses, o pobo chinés, ou o PCCh se prefires, posúen todos os bancos e servizos públicos en común, polo que manteñen controlados os tipos de xuro, a electricidade e os custos de acceso a Internet. Os bancos e servizos públicos occidentais son privados, o seu único interese é enriquecer aos seus executivos e accionistas, en consecuencia son máis caros e ineficientes sobre todo cando acadan unha posición dominante de monopolio ou oligopolio e ao mesmo tempo vivimos unha época de vacas fracas, eles van querer manter o seu poder de compra, se os custes suben, hai que subir prezos ao mesmo que se ratea nas nóminas, non queda outra.
China ofrece un gran transporte público e colectivo a un custo baixo. Isto permite ás persoas viaxar ou desprazarse por motivos laborais a prezos económicos, ao mesmo tempo que reduces a importación de petróleo que é unha das materias primas que máis forte empuxa os prezos cara arriba.
Por todo isto China ten unha inflación asumible, bastante menor a occidental, pero segue tendo inflación, tarde ou cedo tamén perderán poder adquisitivo, pero menos ca nós.
A outra opción, a dos donos do capital é a de Milei, a recesión, retirar o excedente de diñeiro impreso da economía reducindo a velocidade de circulación, recortando drasticamente o gasto público e aumentando as taxas de interese, condenar a miseria a millóns de persoas para evitar que consuman, empobrecer as clases baixas, reducir a inflación a cifras asumibles para que as elites, e as masas que lle sexan útiles, non perdan poder adquisitivo.
Eu opto por fodernos todos un pouco, a sacrificar a unha parte da poboación, e que estou do lado bo, sabes?, e ademais son o suficientemente listo para saber que iso a longo prazo non é sostible, tarde ou cedo os sacrificados tomaranse a revancha e pasarannos a todos a coitelo, eu faríao.
Non, os promotores son parte implicada e a súa opinión vai ter un claro sesgo, o mellor é mirar os datos e pensar por ti mesmo.
En realidade non se constrúe pouco, a evolución do stock de vivenda en España en relación ao crecemento de fogares, o cociente de vivendas / fogares, é moi lineal.
En 1980 había 1,45 vivendas por fogar, en 2021 había 1,41 vivendas por fogar, pese o significativo aumento de fogares o aumento do número de vivendas foi en paralelo.
https://provivienda.org/observatorio/ca ... el-parque/
O que sucede é que o Reino de España é un dos Estados de Europa onde menos casas se usan como residencia principal, hai un 30% de vivendas baleiras, segundas residencias, ou vivendas turísticas, é dicir, vivendas hai pero están mal repartidas.
E entón volvemos ao de sempre, o problema é de clase, ou seguimos consentido que algunhas persoas con certo poder adquisitivo teñan o dereito a mercar vivendas para especular con elas, sacar unha rendibilidade mediante o negocio turístico, ou para usalas como un simple refuxio onde meter a pasta que lle sobra, ou derrogamos ese dereito, polo menos en algunhas zonas, e obrigamos a que toda vivenda nova, ou que mude de titularidade, en zonas tensionadas, sexa empregada unicamente como residencia habitual.
Sigo pensando igual, Podemos es lo mismo que el PSOE pero sin una historia de haber gobernado en solitario.
PD: Te dije que nuestra capacidad de compra y salario real fue mejor en otras épocas de la historia política de España(lo que no significa que hoy en día lo estén haciendo peor que antaño, tampoco). Y esto último no me lo invento, ni es una sensación. Buscate los datos de porcentaje de capacidad de compra otros años y lo verás.