A Cúpula de Ferro israelí mostrouse bastante ineficiente , e tremendamente cara, para defenderse de Irán, que son uns matados se os comparamos con Rusia, China, ou mesmo a UE co tempo.Reogalego13 escribió: ↑Miércoles 23 de Septiembre de 2026, 2:58USA quere esas bases ahí pola sua propia versión do domo de ferro dos israelíes que está empeñado Trump en sacar adiante.
Os escudos defensivos están de puta madre como ferramenta para sacar os cartos aos contribuíntes, a nivel militar nunha confrontación directa entre potencias son unha merdiña, as armas hipersónicos atravésanos coma nada, a choiva de drons de baixo custe levan o límite orzamentario e loxístico ditos escudos. Son un timo.
USA ten bases en Groenlandia desde a IIGM, Dinamarca non ten problema algún con iso, USA o que quere son os recursos de Groenlandia, iso si que é un problema para Dinamarca.
Nun primeiro momento, tralo triunfalismo do señor cheetos, pensaba que Dinamarca claudicara, pero vendo un pouco de que vai o novo acordo creo que é unha renovación do que xa existe, un paripé preelectoral, por moito que Trump o venda como unha gran vitoria, están conxelando no tempo a actual situación, que non é a ideal para ninguén, pero tampouco un desastre total, por agora vexo difícil que Groenlandia pase a formar parte de USA, ademais sospeito que esa remilitarización da illa non vai ser precisamente unha boa campaña promocional do american way of life entre os nativos groenlandeses.