8 grupos de 6 e acaba o mundial en agosto, non?vicante escribió: ↑Viernes 12 de Junio de 2026, 11:47Eu penaba que 8 grupos de 6 e que o primeiro pasase a octavos e 2 e terceiro a dezaseisavos igual era mellor (ainda que sempre tes o risco de que alguen non se xogue nada na ultima xornada)
Vendo un pouco o resumen do Kore-Chequia, vaia verbena a defensa dos europeos , faltandolles moitisima contundencia e que mal van os koreanos por alto. Salvaronse porque Chequia chegou 2 veces mal contadas.
16 grupos de 3. Cada equipo xoga 2 partidos (e chégalle ben) e o líder de cada grupo pasa de ronda. O que quede de segundo por que ten que pasar de ronda? Se xa demostrou ser peor que un equipo é que xa non é o mellor do mundo, non pode ganar a copa. Admitimos que poden caer dous gordos no mesmo e ambos merecen estar na final, ok, pero xa está, o terceiro que se largue.
Calquer cousa antes da trapallada esa de facer unha eliminatoria entre 4 equipos e que pasen 3, en todos os grupos menos catro, e eses catro terceiros quedan eliminados por sumar menos puntos que outros que tamén quedaron terceiros pero en grupos distintos... en serio, que é eso? Na Eurocopa, no mundial, en ligas como a 2ª Federación... o sistema de liga é para ver que equipos son mellores que outros dentro de esa liga, os que están en ligas independentes teñen resultados independentes. No, mira, quedas terceiro do grupo C, estás clasificado, pero se mañá gana Uzbekistán no grupo H estás eliminado.
Antes era perfecto, tanto mundial como Champions. 32 equipos --> 16 --> 8 --> 4 --> final.
Dentro de pouco subirán o número de participantes a 64 e volveremos a grupos de 4 onde pasan 2 e listo.
Ninguén quere ir a un mundial (ou unha Champions ou calquer torneo) para xogar un partido e volver para casa. Nin a FIFA vai organizar un mundial de 32 partidos puidendo facelo de 104 como este, con 3 países e 17 estadios. Fase de grupos ten que haber.roped escribió: ↑Viernes 12 de Junio de 2026, 9:13A broma é a existencia mesma da Concacaf para meter o soccer con calzador en USA, mediante a clasificación eterna de USA para os mundiais por falta de competencia real en esa confederación.
A min que haxa moitas seleccións non me molesta, creo que é bo que países pequenos poidan xogar e mesmo dar a sorpresa, pero o sistema de grupos con partidos intranscendentes con selección malas é insoportable, eu de feito vou pasar do mundial ata que non cheguen as eliminatorias, era mellor que fosen 64 seleccións e eliminatorias desde o primeiro momento que a actual tortura.