astigmata escribió: ↑Martes 21 de Abril de 2026, 18:48
Me da que la opinión de ese diario es muy minoritaria, entender que usar una lengua propia es equivalente a despreciar otra y abogar por separarse es cruzar cosas porque sí.
Pois non o sei, seguramente si, pero o seu director é un vello coñecido, trátase de Bieito Rubido, xornalista de rancio avoengo, fillo do eterno alcalde franquista de Cedeira, director de La Voz de Galicia entre o 2000 e 2006, do 2010 ao 2020 foi director do ABC, e durante todo o tempo tertuliano eterno nunha chea de medios, desde a RTVE ata o chiriguito de Jiménez de los Santos, pasando por Onda Cero.
Bieito é un tipo con caché, non entendo moi ben a razón, a min parece un cretino, pero é así, por iso foi contratado pola Asociación Católica de Propagandistas para dirixir El Debate, que visto o nome semellan 4 frikis, e así é, pero eses 4 frikis integristas católicos, herdeiros directos do carlismo decimonónico, son propietarios de 4 universidades: Universidad CEU San Pablo, en Madrid , Universidad Abat Oliba CEU, en Barcelona, Universidad CEU Cardenal Herrera, en Valencia e a Universidad CEU Fernando III, en Sevilla.
Esta xente di idioteces pero teñen poder e diñeiro, tanto que posúen a capacidade de crear correntes de opinión que inflúen en un importante número de persoas, por moi esperpénticos que nos parezan os seus argumentos.