Aglaca escribió: ↑Viernes 27 de Marzo de 2026, 11:25
Es el peligro de simplificar en exceso el posicionamiento político en derecha e izquierda, que terminas metiendo en un mismo grupo a un batiburrillo de ideologías que no tienen nada que ver, como por la derecha a conservadores, fascistas y liberales, todos encajados en la derecha, pero sin nada que ver entre sí en muchísimos de sus principios fundamentales.
Xa, pero no caso español, toda esa variedade ideolóxica existe nas bases, pero nas súas formacións políticas con representación parlamentaria non existe tal variedade, a política exterior é dun seguídismo ianqui humillante, no plano económico é puramente liberal a española, é dicir capitalismo de amiguetes, e a nivel social todo se vertebra arredor da busca incesante de inimigos que provocan que os "españois que madrugan" vivan peor, os inmigrantes, os cataláns, as feministas...
En España non hai un partido liberal de verdade, nin tampouco un puramente fascista, non existe un partido democristiano clásico, so hai unha marca azul e outra verde que loitan por quedarse con todo o electorado de dereitas lanzando proclamas semellantes e dificilmente cribles pola súa tremenda incoherencia, non podes contentar a todos, non se pode ser a putita dos mercados e defender ao mesmo tempo o señor do tractor de Murcia.
Fai uns días en Dinamarca houbo eleccións, 4 millóns de electores 17 partidos con representación, 8 deles van desde o centro ata extrema dereita, iso é unha pluralidade que na dereita española non existe, e tardará en existir, o mesmo pasa na esquerda.