
Nome: Pape Samsou Niang
Nacemento: Thiès, Senegal, 2 de xaneiro de 2006
Altura:
Peso:
Demarcación: Centrocampista
Dorsal:
Fin de contrato: 30/06/2027
Internacional: Senegal (categorías inferiores)
Traxectoria:
- 2026 Fabril
Formado no club Keur Madior FC e internacional senegalés, é un centrocampista moi completo tanto na faceta ofensiva como de recuperación de xogo.
Destaca pola súa colocación, visión de xogo e intelixencia táctica, sendo capaz de ler o que require o partido en cada momento.
Pape Samsou ademais é capaz de achegar equilibrio entre defensa e ataque.
Despois de varias semanas traballando no Dépor Training Center baixo a batuta de Manuel Pablo, está xa a disposición do técnico fabrilista de cara á competición.