Por certo, no actual acordo xa hai un apartado dedicado ao porto coruñés, que non deixa de ser unha declaración de boas intencións baleira de todo contido concreto, di así:
20. O Goberno contribuirá ao financiamento da transformación dos terreos dos peiraos do porto da Coruña que queden liberados de actividade portuaria. Compromiso por parte da Administración Xeral do Estado de contribuír de forma significativa ao financiamento destas actuacións xunto con outras administración e entidades. Para iso, desenvolverase nun plan plurianual, asegurando sempre a titularidade pública dos terreos.
En ese epígrafe colle perfectamente un novo estadio municipal pagado a conta dos orzamentos xerais do Estado.