Pablo1989 escribió: ↑Jueves 05 de Junio de 2025, 15:27
En todos los países comienzan a advertir sobre la sustitución étnica de la que los "fachas conspiranoicos" llevamos advirtiendo lustros. Un facha es un progre bien informado.
White British people will be a minority in 40 years, report claims
https://www.telegraph.co.uk/news/2025/0 ... rt-claims/
Non, non , un facha é un liberal cagado de medo.
Sodes fachas porque entendedes que a identidade é definida esencialmente pola cor de pel das persoas, dato fundamental que pasa a ser secundario se o moronegro en cuestión acredita ter moita pasta, ou marca golazos.
Ti sabes que a teoría da conspiración da substitución étnica foi inventada na Francia, outra vez Francia para ben ou para mal, de fai 150 anos non?, tras século e medio seica aínda hai franceses brancos.
Pero examinemos polo miúdo esta ida de pelota, se me trabuco en algo corríxeme, vos, os conservadores no social e liberais no económico, creedes que as elites trazaron un plan, non se sabe cando, nin onde, para substituír a poboación europea branca e cristiá por inmigrantes doutra cor e relixión, os supericos pretenden que a cidadanía sexa mestiza, con que fin? a premisa é que ao non ter identidade, ao ser unha mestura de xente sen sentimento de pertenza, ao non ter Nación, estas persoas están incapacitadas para defenderse, o que permitiría ás elites actuar o seu antollo, é dicir permitirá os ricos explotar as clases inferiores. Non odian os negros, queren evitar que veñan polo seu propio ben, e o noso.
Na miña opinión non existe tal plan, non hai un consello segredo de superricos trazando as rutas de importación de man de obra barata, nin tampouco un equipo de lexisladores que obrigan os Estados a regalar cidadanías.
As elites levan explotando brancos toda a puta vida, se agora explotan negros e moros é porque as brancas escolarizadas néganse a ser escravas dos escravos, néganse a traballar fora e dentro da casa e a parir novos escravos, isto provoca que baixe a natalidade e polo tanto faga falla man de obra inmigrante para que a roda capitalista siga rodando, non hai plan, non está calculado, o sistema funciona por inercia empurrado pola man invisible do mercado. Así nos vai.
Por outra parte ser unha mestura de identidades non implica a morte da Nación, nin a desaparición da vontade de resistir, mesmo gañar a loita de clases, temos o exemplo que tan pouco vos gusta os españois, Cataluña. Gran parte do independentismo catalá máis combativo está formado por fillos e netos de charnegos, traidores aos vosos ollos, en pouco tempo haberá tamén negros e paquis que lideren o movemento secesionista e a loita de clases en Cat, a Nación é algo máis que a cor de pel e folclore.
Pero supoñamos que esta idiotez sexa certa, que existe un plan das elites para barrer a raza branca do mapa, non sería máis lóxico ir directamente contra esas elites en vez de putear os inmigrantes?, non sería máis lóxico poñer en cuestión un sistema que precisa máis e máis inmigrantes en vez de reforzalo con políticas de dereitas que non fan máis que engordar as elites?.
Alguén que crea de verdade en esta delirante conspiración é un roxipardo, convídote a que sigas ao Frente Obrero, uns presuntos comunistas antinacionalistas que teñen o roxigualda por tódolos lados, e que reventan actos de Podemos pero nada fan contra a CEOE, penso que che van encantar.