quebec escribió: ↑Lunes 02 de Junio de 2025, 23:28
Los ejemplos que pones me llaman la atención. Ya me dirás porque las tres personas que te cité portorriqueñas y muy conocidas (independientemente del juicio musical que merezcan), que son mayores que lo reguetoneros no tenían esta característica y curiosamente pocos años después aparece. Sí que es una evolución rápida.
Ardo en deseos de oir tu explicación, pero me vas a permitir que te diga que me aporta entre cero y nada, así que eres libre de darla, pero ya no la leeré.
No me di cuenta de que no se permite ignorar moderadores
Me enfado y no respiro
Eu é que me parece a hostia ata que haxa sequera algo que discutir con este tema, pero tamén ardo en desexos de ver como lle levas á contraria aos que toda a vida estudian a lingua e a súa evolución
O lambdacismo nin é novo, debe ter como 400 anos e se non me equivoco non había Reggaeton daquela, nin é un fenómeno que se dé no 100% da poboación nin en todos os estratos da sociedade, pero esas persoas que nomeaches empezaron dende ben novos a viaxar, estudiar e vivir fora e probablemente tiveron clases para falar cun acento máis neutro (sic) para que os entenderan perfectamente. De feito acábome de enterar de que Rita Moreno non naceu en USA, tiven que ir buscalo, dende os 5 anos en USA leva
E Igual que non todos en Andalucía teñen rotacismo, seseo ou ceceo.
Pero bueno, tranquilo, se non che vale o que che digan os lingüístas para sair da ignorancia neste tema (con todo o respecto, porque afirmar que iso é falar mal é ignorancia, e non o digo de xeito despectivo) e prefires seguir erre que erre, qué carallo che vai valer o que che diga eu que o único que me diferencia de ti é que no seu momento hai anos informeime e interesoume o tema e non seguín dándome cabezazos contra a parede
Se prefires seguir pensando que uns fenómenos lingüísticos están relacionados con falar mal, alá ti, importame pouco se queres cambiar de opinión ou non. Os videos son ben explicativos, sobretodo o de Linguriosa, da cal recomendo a súa canle 100% porque ademais de ser moi boa comunicadora, axuda a darte conta de que moitas veces temos nin puta idea cando dicimos que alguén fala mal.
O que está mal é pensar que o único español bo é o que se fala en España ou que existe un acento neutro (obviamente o madrileño)

Ou que os canarios non saben falar porque teñen Yeísmo (un saúdo
@Aglaca )
Ven ser semellante pensar que o acento galego é de paletos ou que os que falan con seseo e gheada son uns putos gañáns.
Adrao escribió: ↑Martes 03 de Junio de 2025, 0:23
Como madrileño escuchar a alguien decir ejque me suena a paleto. Y a quien no le parezca lo siento pero es así.
Pódeche sonar o que queiras, o cal non indica que non teña sentido. Aquí en Galicia, como dixen aí arriba, pénsase aínda hoxe en día esa frase de quen fala galego, xa non che digo se o galego inclúe gheada ou seseo ou características do interior.
E bueno, o "ejque" é unha movida que ata se lle pega a xente que vai vivir a Madrid moitas veces.