Moitos foreiros dixeron o mesmo que ti dis, en estes 3 meses as vendas de Tesla caeron a metade, e perdeu unha terceira parte do seu valor en bolsa, e hai rumores de Musk vano mandar para casa.
Penso que minusvalorades a conciencia política do consumidor, supoño que é porque España é un país pobre en relación o primeirismo mundo, os pobres teñen que consumir o que lle deixan as súas escualidas nóminas, non son realmente libres, non teñen capacidade de elección e desde logo non se poden permitir ter conciencia política, e se a teñen é grazas a un esforzo heroico nunca recoñecido, pero as clases medias e os ricos si se poden permitir ese luxo, e son estas quen teñen capacidade de consumo, e moitos desas persoas agora mesmo están ata os collóns dos americanos, algo que non pasaba fai apenas uns meses, e ese malestar é transversal vai de esquerda a dereita e dereita esquerda pasando polo centro, so os voxemitas máis tarados se atreven a defender os aranceis de Trump.
Polo que vexo nos medios e nas redes a situación en outros estados europeos é semellante, non teño capacidade para palpar a realidade chinesa pero sospeito que a simpatía por USA entre a súa poboación non vive o seu mellor momento, USA a día de hoxe so mellorou a súa popularidade entre os rusos, que paradóxico.
Está claro que a calidade e os prezos son fundamentais , pero cando estes se igualan o que fai que un produto se venda é a moda, que non deixa de ser popularidade, e se está é negativa convertese nunha desvantaxe.
Non sabería dicir en que medida, pero estou seguro que moitos consumidores europeos perante dous produtos de calidade e prezos semellantes escollera o europeo, ou doutro parte do mundo, antes que o americano.
Verémolo nos vindeiros meses ca presentación de resultados de vendas das principias empresas ianquis en Europa, eu prognostico que aquelas que producen bens materias de consumo por parte do gran publico van baixar en porcentaxes de dúas cifras.