Marcos escribió: ↑Domingo 01 de Diciembre de 2024, 19:43
roped escribió: ↑Domingo 01 de Diciembre de 2024, 19:31
Marcos escribió: ↑Domingo 01 de Diciembre de 2024, 15:08
@roped Non lle encontro senso o que comentas de que Europa lle vai a ir millor que usa e China co tema do petróleo ou o gas polo tema de Xeorxia.
No ten lóxica.
Usa ten comprado todo oriente medio baixo a titela de Arabia e China ten a Rusia,Kazajistan e creo que Uzbekistán do seu lado.
Non hai moito que rascar por Ai.
E o proceso eléctrico ou de renovables non vai tan ben como o pinta a Unión.
Eu peno que a que está entre dous mundos e vai quedar moi fodida e Europa.Non encontro senso o que dis.
Estamos inmersos nunha festa do copón, unha como nunca houbo, pero tarde ou cedo rematarase a bebida, os que se retiren antes para a casa non alongaran a festa ata o mencer, pero terán menos resaca.
Si, pero non escudriñaches nin deixaches unha opinión clara sobre a tua tese de que Europa sairá beneficiada perante USA e China.
Beneficiada non é o termo correcto, corrixo, Europa sairá menos prexudicada que China e USA.
Un exemplo contemporaneo que explica a nosa mellor situación.
Debido a guerra de Ucraína, Europa apretouse o cinturón, consume menos gas e petróleo, o mesmo tempo que aumentou a súa potencia en renovables, isto sae caro o crecemento freouse, pero tamen provoca que sexamos algo menos dependentes da enerxía fósil que os americanos e chineses, estes seguen medrando a base de queimar enerxía fósil, pero esta é finita, en algún momento nas vindeiras décadas terán importantes problemas de abastecemento, as súas máquinas pararán, as nosas non.
Temos moito que mellorar, por exemplo no transporte de mercadorías por tren, onde imos con moito retraso pero en liñas xerais somos moitísimo máis eficientes que os americanos e chineses, producimos case o mesmo ca eles empregando moitisima menos enerxía, tamén é certo que temos case toda a industria deslocalizada en China, pero tal e como vai o mundo cara un escenario de guerras comerciais e aranceis por todolos lados, a UE volverá a industrializarse, polo menos en parte.