Traba escribió: ↑Miércoles 06 de Noviembre de 2024, 1:05
Contexto, corso; el debate no era de bipartidismo: roped carga contra las listas abiertas y defiende la lista cerrada a la europea para "evitar Trumps". Se le recuerda que critica al mismo sistema que aparte de Trump saca a Obama o Kennedy. Entonces no, entonces el problema es que es más fácil de mangonear porque hay dos candidatos cuando no es verdad, hay bastantes más... y entonces ya el problema es que da igual los que haya que solo dos tienen posibilidades reales. Ajá... y tienes dudas de que el próximo presidente del gobierno de España va a pertenecer a una de las 2 siglas clásicas que tienen posibilidades reales? Entonces qué ventajas ofrecen las listas cerradas? Serán otras pero no las mencionadas.
Cando falo de Trump refírome a evitar megaricos, ou a alguén que conte co apoio dos megaricos, non a fascistas malosos que curiosamente matan bastante menos peña que o Premio Nobel da Paz, que ti citas como alguén sumamente positivo.
A saga dos Kennedy é un bo exemplo da inutilidade do sistema de listas abertas, paréceme moi sintomático e moi pouco democrático que unha familia se perpetúe no poder dun país de 300 millóns de habitantes ao longo de 150 anos de historia, realmente a iso chámase monarquía feudal.
O problema das listas abertas é que os partidos non mandan nada, algo que moita xente aplaude, por pura ignorancia creo eu, pero que en realidade é algo moi nocivo para o conxunto da sociedade. Se os partidos perden a facultade de facer as listas , se non poñen pasta para que calquera membro do partido poida presentarse como candidato, primeiro nunhas primarias no seo do propio partido , e logo nunhas eleccións ca súa correspóndete campaña electoral o resultado é que soamente as persoas con recursos, propios ou de terceiros, poden sufragarse o capricho de ser candidato nunhas eleccións, é dicir aceptar listas abertas significa aceptar unha oligarquía de facto, un sistema onde so os poderosos terán poder político real.
E iso co paso do tempo tradúcese nun réxime de partido único como sucede en USA, as diferencias entre Demócratas e Repúblicanos son cosméticas, no plano económico case indistinguibles, e isto é así porque o capital financia por igual os dous partidos, os dous partidos son unha ferramenta da oligarquía ianqui o que crea unha enorme desafección entre a poboación.
A isto hai que engadir o sistema de elección de congresistas, o sistema maioritario no cal o que obteña o 50%+1 dos votos representen a vontade do 100%, obviando a vontade do 50% -1 da xente, é profundamente antidemocrático.
Discutir se o Congreso de USA é máis plural que o Congreso Español é de risa, España por suposto que é moitisimo máis plural que USA, o presidente de España vese na obriga de negociar con nacionalistas, con podemitas, con sumar, con VOX... e iso para min é unha gran vantaxe, aínda que supoño que para ti non o sexa tanto, pero iso é porque temos conceptos diferentes do que debe ser a democracia, creo eu.
Por certo en España xa hai listas abertas no Senado.