O ideal sería que a Comunidade Autónoma solicitase a intervención do Estado Central desde o primeiro momento, e traballaran xuntos e coordinados, pasar poriba da vontade do governo de Valencia é legal , pero encabronar a administración autonómica e os seus funcionarios, que son os que coñecen o territorio, non creo que sexa o mellor xeito de iniciar a xestión dunha catástrofe tan grande.Monjacorrecaminos escribió: ↑Martes 05 de Noviembre de 2024, 2:39Pero el martes pasado Andalucía también estaba siendo azotada por diluvios, tornados y grazinados, ya afectaba a dos CCAA. Los militares tardaron 3 días en ser enviados. La pregunta es si ya se podían enviar la noches del martes.
Pero hai que entender que para unha Comunidade Autónoma é complicado recoñecer que é incapaz de facer fronte os seus propios problemas, máis aínda se o governo central está dirixido polo partido que queres vencer nas vindeiras eleccións, entón entra en xogo o calculo político.
É posible que desde Génova prohibiran a Mazón deixar o mando, pero onte Feijoo tirouno os leóns cando solicitou o governo central que declare a emerxencia "nacional", que está moi ben, seguramente sexa o máis acertado, pero digo eu que Feijoo debería empezar por pedirlle a Mazón que se aparte, primeiro en privado, e se non o fai pode probar a facelo en público, ou pedirlle a Ayuso que interveña.
Pola súa parte o governo central venlle moi ben que Mazón se coma todas as hostias dunha xestión dificil que sempre será criticada, e non vai mover un dedo por asumir máis responsabilidades, algo que de ter un chisco de humanidade faría aínda que lle custase votos, porque o certo é que nin Valencia , nin España, están preparados para facer fronte a un desastre de tal magnitude, quen estea ao fronte vai perder votos. Realmente ningún Estado pode facer fronte a algo así, a xestión do Katrina en USA aínda foi máis lamentable, o único que se pode facer perante estes desastres é tomar medidas preventivas, actuar antes, planificar para minimizar os efectos dun desastre que se vai repetir periodicamente con maior frecuencia, cousa que tampouco se fixo, de feito eu centro a miña crítica na ausencia de previsión pese os avisos da comunidade científica, actitude criminal na miña opinión, non na chapuza posterior, que sería a mesma se ao fronte estivese o governo central.
O xeneral que dirixe a UME di que foron os primeiros en chegar, que estiveron desde o primeiro día, e que se non se espallaron máis rápido e a máis lugares foi por falta de permisos oficiais.
La UME defiende que intervinieron "cuando el Gobierno valenciano dio luz verde": "No podíamos entrar sin autorización"
https://www.rtve.es/noticias/20241104/u ... 5894.shtml