waccamole escribió: ↑Lunes 26 de Agosto de 2024, 21:06
Eu debe ser que son doutra xeración, pero non vexo problema algun co video de marras. Periodistas de varios medios falando da fichaxe que fixemos… cal e o problema exactamente? Alguen mo pode explicar?
Eu vouche dar o meu punto de vista, o que non quere dicir que é o que pensa o resto da xente, claro está.
Nese vídeo vense a varios "periodistas" que saen no Chiringuito de Mega, que é un programa que vai contra tódolos valores que representa o Deportivo moderno. Fálase do fútbol das rexións fronte ó fútbol polarizado (so existe Madrid-Barça). Fálase do fútbol de supervivencia fronte ó futbol dos millóns. Fálase do fútbol, se podo dicilo, en galego (ou máis ben, representativo dunha terra bonita) fronte ó fútbol dende o prisma madrileño. Os rapaces da terra fronte a ONU. O fútbol de arraigo fronte ó fútbol comercial. En definitiva, o fútbol que che sae de dentro, que pode ser o Deportivo, o Lugo ou o equipo da túa filla, o que berras e gritas de verdade fronte ó futbol que te obligan a consumir. Ser do Deportivo, hoxe en día, significa seguir a un clube histórico e bonito, pero tamén afastarse do fútbol moderno comercial e sen sentimentos. E nese vídeo saen varios dos máximos expoñentes dese fútbol. Os apóstoles dese fútbol que tan pouco pega co Deportivo. En concreto, un Jose Luis Sánchez, que é un auténtico talibán do madridismo, manipulador e mintireiro, un verdadeiro palmeiro do Madrid.
Por facer unha comparación, inda que non sei se é a adecuada, poderías imaxinar que estas escomezando un partido político e vas con toda a túa ilusión cara diante. E de pronto, un do teu gabinete, para sair nos medios, monta un vídeo no que te felicitan polo teu proxecto Meloni, Orban, Abascal e demáis tropa. De seguro que non che senta nada ben. Benefíciate de cara á visibilidade, pero vai contra os teus valores. ¿Pareceríate ben? Bueno, ti tes a túa opinión, pero de seguro que xa poderías empatizar coa xente que non está dacordo.
Edito para dicir que todo isto non quere menospreciar ó programa. Oe, cada un se gaña a vida como pode. Cadaquen que faga o que queira. A mín gústame ver de cando en cando o Chiringuito (sobre todo, cando perde o Madrid), pero o que non me gusta é misturar o Depor con Chiringuito. Son conceptos distintos.