valeron4ever escribió: ↑Viernes 23 de Agosto de 2024, 11:53
Veñen soiños sí. No barquiño de open arms recen recollidiños ó lado da costa africana e sen levalos ó porto mais cercano.
O do índice de delincuencia con noticias como a d eonte do Pais vasco é extremadamente fiable.
Sabes ambas cousas pero soplacha pq queres manter o teu relato (nn sei que ganas a parte de autoengañarte pero ala ti).
Solucions, expulsar inmediatamente os delincuentes estranxeiros. Evitar a entrada d eunha soa persona de forma ilegal. Xa son medidas bastante mais loxicad que calquera das que propos ti.
Cada ano máis de 100.000 persoas cruzan de xeito irregular o Mediterraneo, calculase que entre o 3% e 5% desa xente palmaa no intento, Open Arms rescata a unha fracción mínima de toda esa xente.
Todos eses inmigrantes chegan a beira sur do Mediterraneo polos seus propios medios, en moitas ocasións logo de facer viaxes de centos, mesmo miles de kms. Si que veñen soíños.
Non te fías dos datos oficiais pola nova do Pais vasco, pois moi ben, ante esa conspiranoia irracional pouco se pode discutir.
E a onde expulsas os delicunetes estranxeiros?, apenas hai repatriacións porque en moitos casos os delincuentes non teñen oficialmente un país de orixe. Ademais os países desde onde parte a emigración, empezando por Marrocos, non colaboran, non os aceptan ou acéptanos a contagotas.
Para forzar a eses Estados a comerse os seus delincuentes a dereita europea tivo a fantástica idea de suspender a cooperación ao desenvolvemento cos Estados pouco dados a colaborar, o problema é que a cooperación o desenvolvemento europea é tan miserable que a medida de presión queda en nada, por exemplo Alxeria negase a readmitir inmigrantes, prefire non cobrar axudas ao desenvolvemento se a cambio aumentan as remesas que mandan os inmigrantes as súas familias, que son moito máis importantes que as axudas de cooperación que recibía, ademais de putear os europeos, claro.
Como evitas que a xente cruce o Mediterraneo?, o falar non ten cancelas, pero na práctica e a curto prazo como o fas?, puteando as ONGs para que non fagan o seu traballo e morran cantos máis mellor?, empregando directamente a violencia da policia e o exercito?, isto último xa o fixeron en Melilla a policia española colaborando man a man ca marroquí, mataron a 37 personas e o número de desaparecidos foi de cando menos 76 persoas, fixo isto diminuir a presión migratoria na fronteira?.
A pesar das imaxes impactantes asociadas á migración, a realidade é que a inmensa maioría dos inmigrantes irregulares que hai en España chegaron en avión, como evitas que a xente colla un avión e pase como turista?.
Por certo en España desde o 2005 ata o 2023 expulsaron a 140.000 persoas, o governo progre de ZP foi quen máis xente chimpou con moita diferencia, ca mesma terías que ir pensando en votar o PSOE.
https://www.newtral.es/inmigrantes-irre ... /20231218/