Kalashnikov reborn escribió: ↑Lunes 18 de Septiembre de 2023, 22:07
roped escribió:Fai 30 anos ca súa obra cume " Sin Documentos" xa me daba noxo, agora xa nin che conto. A súa música é aburrida e pretenciosa, vai de Bob Dylan latino e vai ser que non, a isto hai que sumarlle que é un imbécil.
Su obra cumbre no es sin documentos, su primer disco Alta Suciedad fue al más vendido en la historia de Argentina en su momento, el Honestidad brutal aún es mejor, un verdadero ídolo incancelable por mucho que lo intentéis.
Enviado dende o meu 2201117SY usando Tapatalk
Non poño en dúbida que vendera unha chea de discos, e que sexa un ídolo, cada vez menos coido eu, afirmo que o seu rock-pop con elementos folclóricos paréceme aburrido, e engado que nos 90 xa era un produto caduco.
Persoalmente creo que Sin Documentos é bastante mellor que os que comentas, sendo un sucedáneo dos Seguridad Social de Chiquilla, debido a que Calamaro tivo que compartir protagonismo cas guitarras dos "Tequilas", despois, en solitario, xa foi de todo insoportable. Pásame como con Fito, en Platero aínda vale, pero en solitario resúltame irritante.
Que Calamaro sexa imbécil perdido non inflúe na miña opinión da súa música, que teña unha ideas políticas propias do señoro privilexiado que é tampouco, escoito xente con ideoloxías moitisimo máis repulsivas que as de Calamaro, pero a diferencia del teñen verdadeiro talento, ou iso me parece a min, desde o fascista de Respighi ata o nazi Varg Vikernes, pasando polo redneck trumpista de Ted Nugent ou os xenófobos supremacistas galaicos de Sangre Cavallum.
Aproveito para citar o disco que máis me gustou no que vai de 23. Fires in the Distance son uns Paradise Lost a americana con moitos teclados, sintetizadores e orquestación, o que en principio non me resultaría moi atractivo , pero en este caso debo dicir que todo ese barroquismo está moi ben logrado e deu lugar a un discazo.
https://www.youtube.com/watch?v=yUL5MIvlAYw