Filotas escribió: ↑Miércoles 14 de Septiembre de 2022, 20:46Los estudios sociológicos son así de mierda…. Tratan de buscar patrones, pero es muy discutible si las ciencias sociales (o políticas) deberían ser consideradas ciencias. Ahí hay mucho debate según a quién preguntes, pero en mi opinión, aunque puedes aportar patrones estadísticos, buscar correlaciones en la naturaleza humana te lleva a conclusiones como las de ese estudio, que por cierto, déjame enfatizarte que no es que las mujeres contaminen más, si no que tienen una mayor huella de carbono, que no es exactamente lo mismo.
Referente al estudio del CO2, o al anterior que distribuía la muestra por género, no te quedes con eso, si no con que la ciencia está retrocediendo asumiendo dogmas políticos al igual que en el siglo XV asumía dogmas religiosos. No hace falta que recuerde que a Giordano Bruno lo quemaron porque postulaba la posibilidad de que los planetas tuviesen superficie y que en ella hubiese vida, o que lo de galileo (el verdadero padre de la física clásica, y no newton).
Aquello nos supuso 200 años de retraso, a ver qué nos supone esto.
A pegada de carbono representa o volume total de gases de efecto invernadoiro, destacando entre eles o CO2, que son producidos pola actividade dunha persoa.
Contaminación é toda sustancia que altere o estado natural do medio ambiente, normalmente producida pola actividade humana.
Polo tanto asociar os termos contaminación e pegade carbono non é un erro.
Home eu coido que si temos que quedarnos precisamente con iso, ti dis que a política afecta a ciencia, e pos como exemplo un traballo, que sin ser eu científico pero usando un pouco a lóxica, diría que é unha trapallada sen sentido ningún, é imposible que as mulleres teñan unha maior pegada de CO2 que os homes, nen sequera se obviamos toda a industria, agricultura, lóxistica en mans maioritariamente de homes, e acotamos a mostra a vida cotiá do currito e da currita media no Reino de España, non é crible, un so dato que tira por terra o estudo, o 60% dos conductores son homes, non teño os datos por xénero dos propietarios de vehículos, pero eu apostaría que hai bastantes máis propietarios que propietarias, se temos en conta que o transporte é o responsable do 70% dos gases de efecto invernadoiro eu arriscome e tírome a piscina dicindo que os homes teñen unha maior pegada de carbono que as mulleres, dato por outra parte irrelevante, salvo para aqueles que queren loitar contra a concepción da muller como ser de luz, desenmascarandoas e mostrando o mundo como son, unhas villanas antisistema que están poñendo en perigo a orde natural das cousas.
Os científicos teñen ideoloxía e intereses, son suxeitos e polo tanto subxectivos, isto sempre foi así, non é cousa de agora, a cuestión é determinar se esa ideoloxía provoca que os científicos falseen a mantenta os seus estudos co fin de obter un beneficio económico ou de prestixo, e saber a cantos afectan e en que ramas podemos atopalos.
A diferencia da maioría eu non creo que sexa bo que a ciencia sexa "libre", é dicir escrava do mercado, gústaríame que existisen "comisarios políticos" que por exemplo impulsasen os científicos a descubrir un remedio barato a malaria, aínda que isto significase poñer en risco os avances científicos na dermoestética, e se reduzan os adiantos na busca da inmortalidade da jet set. Tampouco estaría mal que eses comisarios obrigasen a facer vacinas públicas e universais para doanzas como o coronavirus, sen forrar os accionistas de farmaceuticas, cousas de comunistas, xa sabes.
Eu non creo que exista un retraso cientifico provocado pola correción política, máis ben é o contrario, as forzas reaccionarias, as elites, tentan poñer en cuestión a ciencia sementando dúbidas entre a opinión pública, aportando estudos chorras feitos por encargo por cientificos mercenarios, como posiblemente sexa o caso do da pegada de CO2 das mulleres, porque desgraciadamente os datos, científicamente avalados, chocan de fronte co seu dogma económico e os seus intereses particulares.