roped escribió: ↑Martes 15 de Agosto de 2023, 16:45
Fisterrán escribió: ↑Martes 15 de Agosto de 2023, 16:29
roped escribió: ↑Martes 15 de Agosto de 2023, 13:52
tatukovic escribió: ↑Martes 15 de Agosto de 2023, 9:14
Pues, buscamos de todo, vamos bastantes días porqué mi mujer es la primera vez que viaja a Galicia y quiere disfrutar, también haremos salidas, queremos ir un día a Lugo y la playa de las Catedrales, otro día a Finisterre, queremos bajar a Pontevedra, Padron, Redondela, etc ..., Nuestras "sedes" son Santiago y A Coruña.
Tenemos la reserva ya en Casa Marcelo, también nos los recomendaron. Me apunto tus sugerencias, ¿en alguno hay que reservar con tiempo?
Muchas gracias
A visita as Catedrais precisa reserva, en agosto a a cousa vai así:
Fisterra ándalle cerca.
Son dous sitios marabillosos se son visitados en inverno, agora mesmo son o inferno na terra.
Na Mariña podes ir ata Castro Fazouro, a Rinlo, a San Martuño de Mondoñedo, a praia de San Román no Vicedo, lugares bonitos e con moita historia e sobre todo menos masificados.
Na Costa da Morte a Touriñán, Carnota, Corcubión, e podes ir algo cara o sur e parar en Muros, que na miña opinión é a vila mariñeira menos escarallada de GZ.
Fisterra é perfecto en inverno se queres encontrar todos os restaurantes e hoteis cerrados ou subir ó faro e non ver nada por culpa da bruma.
En agosto podes ir a calquer praia e ter sitio de sobra, sen atascos e sen ir ás 8:00 a poñer a toalla. Podes comer en calquer restaurante, obviamente se vas un sábado ás 21:30 a un que ten 4 mesas vanche mandar de volta. Mil veces peor ir a Santa Cristina ou Bastiagueiro, que non hai onde meterse.
O momento é finais de xuño-principio de xullo, que hai bo tempo e hai pouca xente.
Eu prefiro a borraxeira, e aínda máis cando bruaba a vaca de Fisterra, pero para gustos cores.
Home, Sta Cristina e Bastiagueiro son barrios d'A Coruña, son praias urbanas, Fisterra, como o seu nome indica, está a tomar polo cu, aínda así a estrada que vai o cabo en agosto é un dolor, e a Langosteira chégalle de carallo de xente, polo menos para o meu gusto. As praias de mar aberto si que molan, pero non son para tódolos públicos.
Se che gusta ver borraxeira si, pero os turistas van polas vistas e pola posta de sol. A vaca xa a querían recuperar pero a Autoridade Portuaria pasa do tema, non sei se se pode reparar a sirena que había ou teñen que poñer unha nova pero non están interesados en algo que non ten a utilidade que tiña hai décadas.
Non comparaba as praias de Fisterra cas urbanas da Coruña. Só digo que podes ir cando queiras e sempre vas ter sitio. Nin hai aforo limitado, nin parking con zona azul nin cousas que hai por aí. Unhas teñen máis xente que outras pero non é o Levante.
Reogalego13 escribió: ↑Martes 15 de Agosto de 2023, 15:24
Yo no dejaría de ir a Ézaro @tatukovic. Para mi, es el rincón mas bonito de toda Galicia. Luego por proximidad con el pueblo de mis padres, a mi me gusta mucho también Malpica. Y hay sitios muy buenos para comer allí. A Cabo Vilan en Camariñas también suelo ir cuando llevo a alguien de viaje a Galicia.
le doy la razón a @roped, pero con un matiz, el infierno en la tierra es vivir alrededor de la Sagrada Familia en Barcelona. Durante cualquier mes del año.
Pois a min parécenme todos case o mesmo. Malpica, Ézaro, Fisterra, Touriñán, Vilán... todos co seu feísmo urbanístico, todos co mesmo porto pesqueiro, bonitas paisaxes, praias parecidas, restaurantes ca mesma comida, turistas por todos lados, etc.
Dá practicamente igual ir a unha vila ou a outra, todas están ben.