
Festi degratix, para quen goste da brutallada.
Por aquí había algún fan de Persefone, non me lembro quen era, sintoo. Persefone son moi bos, tecnicamente uns bestas, pero eu a falta de velos en directo, que seguro me dan nos morros, case me quedo ca representación autóctona.
A representación galega ten moito nivel, os Cruzeiro fan un doom curioso, nada aburrido, os Raze de nacer en San Francisco 10 anos antes do que o fixeron nas Pontes terían fama mundial, os Scent of... son a hostia pese a sacar un disco cada década máis menos, Agónica é outra bandaza.
Logo ademais dos Sinister que fai 30 anos eran vangarda do death europeo, non sei como estarán agora, destacaría os cataláns Vidres... son moi bos, o resto non os coñezo, salvo Noctem que pese a fama non me fan moito tilín, preferiría ver aí os Lostregos.