Home, o Bierzo administrativamente non é GZ pero étnicamente e paixasisticamente si o é, ademais os feitos reais nos que está baseada a peli aconteceron apenas a 10 kms do Bierzo, na cara sur da montaña que serve de fronteira entre OU é o propio Bierzo.
Sigo sen ver a peli, e non vou opinar de si é boa, mala, se deixa os galegos mal, ou ben, o que digo é que me paréce unha oportunidade perdida, unha máis, de normalizar as linguas cooficiais do Estado, unha historia na GZ profunda para ser auténtica deber ser en galego, a historia que nos conta está chea de tópicos, que están baseados en feitos reais, pero a historia para min perde credibilidade cando sé narrada de un xeito diglósico por un mesetario, pasa como con Fariña, pensar que os narcos dos 80 se comunicaban así é unha paifocada sen xeito, pero o público español está a moitos lustros de aceptar algo diferente a iso.
NoGarD escribió: ↑Jueves 08 de Diciembre de 2022, 0:00
Deixo aquí esta reflexión sobre o rural galego brutal que inclúe crítica de As Bestas
Enviado desde mi HD1913 mediante Tapatalk
Non digo que non sexa certo todo o que di, pero empezando así o seu relato "A Ruindade, algo intrínsico no ser rural de todo o estado español" eu diría que estamos perante un urbanita, un turista como ben era coñecido polos veciños, que nunca lle gostou ir a aldea, non a vila, e que xamais formou parte dela, por outra parte nas urbes non hai ruindade?, parceme raro, sobre todo cando no caso galego as cidades son aldeas tochas formadas en gran medidada por xente do rural migrados.
E con isto non quero negar, nen desculpar as miserias dos habitantes do rural galego, pero tal como o conta semella que o millón de aborixes que aínda queda na GZ rural son todos eles uns infraseres que merecen a extinción, e non concordo, é máis penso que é mentira, tal como fala so vexo un complexo de superioridade urbanita moi arraigado entre os fillos dos aldeáns de cidade, neste fio Manolo Gago, un aldeán, coma min, que debe ser das persoas que mellor coñece o rural galego e as súas xentes, explica bastante ben a outra realidade da GZ rural, o mesmo tempo que se autopromociona, todo sexa dito.