O que ti, e Pablo e tantos outros espallades ou toleradles chámase discurso de odio. Vai en contra de calquera postulado democrático e non ten que ver con ser ou non superior moralmente (xa nin sei por que me molesto en contestarche pero bueno).valeron4ever escribió: ↑Sábado 03 de Septiembre de 2022, 9:01Confundes bastantes temas
1) Que se debata neste fío non significa en ningún caso que sexa a maior preocupación de ninguén. É unha mera esaxeracion para intentar ridiculizar ós que non opinamos o mesmo ca ti. Un recurso moi pobre na miña opinión.
2) Xa hai leis diferentes para os homes, poñemolas tb para os do vídeo???. Non creo que sexa o que quixeras decir, non?
3) Non sei que bulos corrían sobre os chineses, pero non fas moi ben en mencionalos. A actitude destes con respecto a de outros inmigrantes é precisamente a demostración de que non todos somos iguais, e que pretender decir que todos actúan igual é cando menos inxenuo.
4) O multiculturalismo é algo precioso e poucas personas coma min aprecian coñecer outras culturas (sí, tb os países musulmans). Outra cousa é o que está facendo Europa. Para que haxa multiculturalismo debense preservar tb as culturas primixeneas. Debe haber certo grado de integración, etc.
5) Resultame curioso que os que mais nos chamades racistas, sodes os primeiros que saltades cos fodechinchos, co de que vos deixen tranquilos en Galiza, Catalunya,etc.
En xeral, paréceme a típica situación de superioridad moral. Pero vamos, que xa estamos acostumbrados uns e outros as opinions de cada un.
1) É certo que hai máis preocupacións, tamén as mulleres e a linguaxe neutra. Calquera cousa menos o reparto da riqueza, os nosos oligarcas encantados con loitadores contra a ditadura progre. Este tipo de discursos anti-inmigración agroman cando hai crises, non é casualidade.
2) Era un comentario irónico.
3) Tamén sufriron a súa dose de racismo cando empezaban a abrir bazares chineses libres de impostos (claro, non se contaba a historia completa, os nosos emprendedores tampouco os tiñan en China), as sospeitas sobre os seus restaurantes e as mafias chinesas. Por certo os barrios chineses si ou non? É que non o pillo, é malo ou bo que veñan se non son musulmáns? Porque no seu momento os que non eran benvidos eran os Rumanos, Chineses, Sudamericanos… China tarde ou temprano terá tamén que lidiar con inmigración, legal e ilegal salvo que a súa riqueza vaia da man dos países do seu entorno. Hai que lembrar que é aínda un país en vías de desenvolvimento. A man de obra barata téñena na casa.
4) Isto é superioridade moral?
Cultura primixenia, é un problema de substitución cultural entón? que teñen máis fillos os musulmáns? que se fai, castralos ou controlar a súa natalidade? continuar coa pirámide poboacional branca invertida? obrigamos ás brancas a ter fillos? Por certo, moitos non-brancos son europeos. Vaites.
5) Boa pero non cola, a non ser que penses que hai algún tipo de racismo contra o turismo que non respecta o medio ambiente ou que ten algo de racista defender que en Galicia se aprenda galego. Os non-brancos saben máis francés, español ou alemán ca os nacionalistas españoles catalán, galego ou euskera.
Aquí hai un relato sesgado que asocia un tipo de delitos (de tantos que hai) a un colectivo determinado e que polo feito de estar nunha situación de vulnerabilidade é discurso de odio. Está máis que demostrado que a orixe pode explicar unha parte deses delitos pero non toda xa que hai máis variables: pobreza, sexo e idade, nível de estudos.
Como se combate iso? como se integra? con educación (laica, sen guetos de clase media-alta subvencionados coma a educación concertada, sexualidade) políticas de vivenda que non creen guettos, con empresas que melloren a sociedade da que extraen os recursos (como semella que vai facendo China), con FEMINISMO non só no tocante á emancipación da muller (académica, laboral e sexualmente…) senón extendéndoo ao respecto polas relacións do mesmo sexo. As sociedades abertas teñen como denominador común a emancipación da muller e o respecto ás preferencias sexuais.
E joder, normalmente os discursos anti-inmigración non están dacordo con ningún deses postulados. Que casualidade.
Se queres poñer mais alto o valo de Melilla entrarán por outro sitio. Os discursos anti-inmigración son ruido para distraer. Ademais do pequeno detalle de que todo o que consumimos vén deses países. Inmigración suiza ou inglesa non temos, non sei se me explico ou hai que falar do colonialismo occidental.
E isto non vai de superioridade moral ou de ser un happy da vida, vai de facer unha análise da realidade que vaia máis alá do individual. Que cres que eu non teño prexuizos? que non me roubaron nunca? que non me cambio de beirarrúa moitas veces por puro prexuizo racial? que non penso que o meu fillo medraría máis tranquilo nun concertado-gaiola de cristal que nun público multicultural? que non me dan arrepíos vendo burkas ou burkinis?? pois claro que si, non somos tan diferentes.
O tema é que as sociedades multiculturais e todos os problemas que derivan dela non son unha decisión de ninguén, como moito pode dicirse que son consecuencia de políticas de dereitas tanto a nivel nacional (segregación social por renda) como internacional (colonialismo económico que deixa sociedades en guerra ou sen expectativas vitais). E aquí, por culpa de políticas de dereitas, cúlpase á esquerda por pedir respecto e tolerancia para persoas ás que se lles imputan crimes que fan unha minoría de xente que ten a súa mesma cor de pel e que se están a vivir lonxe da casa ou xogandose a vida para cruzar a fronteira, non é por gusto.
PS: Por certo delitos con máis impacto negativo para a sociedade como a corrupción ou a evasión de impostos seguro que son máis cometidos por brancos. É algo cultural?